Reunión co alcalde de Barro

Na mañá do 18 de decembro produciuse unha reunión na que o Presidente da Asociación Amizade, Paulo Fontán, lle transmitiu ao alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a necesidade de efectuar certas melloras na accesibilidade de toda a contorna do parque natural Ría Barosa.

 

Ademais de solicitar que na zona máis próxima ao acceso peonil se sinalice unha praza de estacionamento reservada a persoas con mobilidade reducida, o Presidente de AMIZADE trasladou a necesidade de mellorar o itinerario de acceso tapando de algunha maneira os surcos que existen na actualidade e que dificultan o acceso a persoas usuarias de cadeira de rodas. Tamén se considera necesaria a modificación do pavimento de gravilla existente, así como a necesaria incorporación de baños adaptados a persoas con mobilidade reducida.

 

Outras cuestións tratadas na reunión foron a necesidade de sinalizar unha praza de estacionamento reservada a persoas con mobilidade reducida na zona máis próxima posible á casa consistorial, revisar o deseño das marquesiñas, realiza unha análise da accesibilidade das instalacións municipais, ou garantir que os eventos culturais que organice o Concello resulten accesibles para todas as persoas, entre outras.

 

AMIZADE quere agradecer a disposición do alcalde de Barro, tanto para manter a reunión como polo compromiso asumido de continuar mantendo un diálogo fluído e consultar coa Asociación Amizade todas aquelas cuestións nas que a entidade ten experiencia e coñecemento.

Colaboración económica da Obra Social de La Caixa 2023

Durante o 2023 Amizade mantivo a prestación de servizos tan vitais como fisioterapia, logopedia, atención psicolóxica e ximnasio adaptado grazas á Obra Social de La Caixa, a cal, mediante a súa colaboración económica, permite que asociacións como Amizade poidan seguir dando resposta ás necesidades plantexadas polas persoas socias de amizade.

AMIZADE agradece unha vez máis o compromiso continuo desta entidade coas necesidades das persoas en xeral, e persoas con discapacidade en particular.

Proxecto Rehabilitación Funcional 2023

Durante o ano 2023 as persoas socias de amizade puideron seguir accedendo ao servizo de fisioterapia grazas ao apoio e colaboración da Deputación de Pontevedra.

Este programa de «Rehabilitación Funcional» vense mantendo dende hai anos. Para isto, contamos con diferentes centros para que as persoas usuarias poidan escoller donde continuar traballando a mellora ou mantemento físico e impulsar a súa autonomía persoal.

Reunión co Concello de Cambados

O 28 de Novembro, representantes da asociación Amizade reuníronse co alcalde de Cambados, Samuel Lago, para transmitirlle as súas demandas e propostas de cara aos vindeiros 4 anos.

A reunión serviu para que se producira a presentación oficial entre o alcalde e a asociación.

Máis no miudo, na reunión abordáronse cuestións relativas á accesibilidade (estudando a posibilidade de aprobar unha ordenanza municipal de accesibilidade, instando aos técnicos municipais a ser máis esixentes no outorgamento de licenzas para locais de uso público que non cumpran a normativa, a ampliación da oferta de baños públicos accesibles, garantir a accesibilidade aos eventos culturais e festivos, ou citar numerosas dificultades concretas en puntos localizados do Concello), cuestións relativas ao transporte (correcta sinalización e deseño das marquesiñas, o cumprimento da reserva de taxis adaptados ou o deseño e localización das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida), da situación do emprego público e a reserva de postos para persoas con discapacidade, a incorporación de cláusulas sociais nas diferentes licitacións de contratos públicos de obras ou servizos, etc.

AMIZADE quere agradecer a disposición do alcalde de Cambados, tanto para manter esta primeira reunión como polo compromiso asumido de continuar mantendo un diálogo fluído e consultar coa Asociación Amizade todas aquelas cuestións nas que a entidade ten experiencia e coñecemento.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies