Amizade solicita unha ordenanza integral de mobilidade

A asociación Amizade propuxo no pasado mes de outubroaosconcelleiros de Mobilidade e Deportes e Cultura, Luís Bará e AnxosRiveiro, a elaboración dunha ordenanza municipal de mobilidade.

Además de incluir criterios técnicos para as futuras construccións públicas e privadas, a normativa especificaría medidas que faciliten a accesibilidade a viviendas para persoas con discapacidade, así como outras para o emprego público.

O documento taménfixaríainfraccións para o caso de incumprimentos.

Ademaistamén se solicitaron máisprazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

Amizade mantén reunións co Concello de Pontevedra


Nos meses de decembro de 2013, e xaneiro e febreiro de 2014 o presidente de Amizade reuniuse con diversos responsables políticos técnicos do concello de Pontevedra. Nestas reunións, Amizade trasladou a súa opinión e as súas propostas sobre variados temas.

Un deles foi o referente ao uso fraudulento que algunhas persoas fan das tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e da necesidade de exercer un maior control por parte da Policía Local. Paralelamente falouse da necesidade de ampliar o número de prazas reservadas en zonas céntricas da cidade.

Outro tema tradado foi estudar mecanismos de control na execución de obras públicas co fin de evitar resultados inaccesibles, así valorar a conveniencia de contar cunha ordenanza municipal de accesibilidade.

Tamén se falou de deseñar un plan de incorporación de novos Eurotaxis á flota de Pontevedra, de maneira que se poida conseguir a porcentaxe do 5% de Eurotaxis antes do 2.017, segundo establece a lei.

A incorporación de cláusulas socias nos contratos públicos tamén se incluíu dentro das propostas que Amizade trasladou aos responsables do concello, incidindo na necesidade de primar empresas comprometidas coa accesibilidad e co emprego de persoas con discapacidade, ao tempo que favorecer aos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asignándolle carga de traballo.

Os diferentes concelleiros e concelleiras foron receptivos en todos os aspectos que se lle plantexaron e quedouse en estudar en profundidade cada tema en reunións futuras.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies