Asesoramento

Proporciónase información de moitos temas, tales como os beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, emprego, etc.

Todas as consultas recibidas en Amizade son rexistradas nunha base de datos. A resolución das mesmas realízase de forma inmediata polo persoal de Amizade, sempre que non requira un asesoramento profesional específico; neses casos, a consulta é trasladada ás oficinas centrais que COGAMI ten en Santiago de Compostela. Alí un equipo multidisciplinar de profesionais (avogados/as, traballadores/as sociais, economistas…) redacta un informe coa resolución da consulta efectuada en non máis de catro días. Unha vez recibido este informe trasládase a resolución adoptada á persoa interesada.