Asambleas

A asociación Amizade celebra unha Asemblea xeral anual na que a Xunta Directiva dá conta dos resultados acadados no exercicio anterior. Explícanse todas as actividades desenvolvidas e o resultado económico acadado, e tamén se aproba a planificación do que se pretende facer no ano en curso.

É un bo momento para que todas as persoas socias rediban de primeira man toda a información do feito pola asociación, de onde se recibiron os cartos e a onde se destinaron. E tamén para poder resolver dúbidas e facer propostas sobre o que consideran que debe facer a asociación no futuro.

E xa desde hai algúns anos vense aprobeitando a celebración das asembleas para que as persoas asitentes poidan gocen dunha comida en boa compañía, á vez que intercambiar experiencias e risas.