Este pasado sábado, 6 de Outubro, Amizade organizou unha Xornada de Pesca e un paseo pola ría de Pontevedra que contou coa colaboración do Club Minauta e o Club Sen Amarras, que foron quenes facilitaron as embarcacións. Trátanse dunhas zodiacs de pequeno tamaño cuxo deseño permite que se poidan incorporar de xeito relativamente sinxelo persoas en cadeira de rodas.

Ao tempo, á beira do edificio sede do Gremio de Mareantes, varias persoas puideron desfrutar da Xornada de Pesca para a cal a Asociación Amizade contou coa colaboración de varias persoas con experiencia na pesca que se ofreceron a prestar a súa axuda en todo o referente á preparación do material necesario e que supervisarán a actividade xunto cós/as coordinadores/as da asociación.

Desexamos que esta xornada contribuira a que algunhas persoas atopen unha nova afición, unha nova maneira de ocupar o seu tempo de lecer. Ademais, foi unha nova oportunidade de facer ver á sociedade que as persoas con discapacidade somos quen de realizar moitas cousas, sempre que poidamos contar coas condicións axeitadas (ausencia de barreiras, material adaptado,…). Serviu, tamén, para facilita-las relacións entre persoas e intercambiar experiencias.

Posteriormente, os/as asistentes á xornada fumos xantar ao Restaurante “Entre Sartenes” (Estación Autobuses Pontevedra).

Amais nesa semana,  xoves e venres, 4 e 5 de Outubro, en horario de 11:00 a 14:00 Amizade organizou tamén paseos polo río para os usuarios/as do Centro de Dia de COGAMI Monte Porreiro e os usuarios de Amencer-Aspace, consecutivamente.

Esta actividade é posible grazas á colaboración de ENCE, que financiou parte dos gastos do conxunto da actividade.

Queremos agradecer a colaboración de Protección Civil Pontevedra, ao Club Minauta, ao Club Sen Amarras, a todos os patróns (Churri, Oswaldo, Jorge, Lareu, Paul,…). Grazas a Asociación Amencer-Aspace e por suposto a COGAMI por compartir con nós.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies