O 24 de setembro, socias e socios de Amizade puideron gozar, como en anos anteriores, dunha agradable xornada de pesca e dun paseo polo río nunpequeno “catamarán adaptado” (que se ofreceu por terceiro ano consecutivo).

Novamente, volveuse celebrar na contorna do paseo próximo aopeirao das Corbaceiras.

A climatoloxía agradable animou a que participasen máis de 30 persoas, aínda que a “captura” non foi tan boa como en anos anteriores. Desta vez, tan sórecolleuse “ensalada” e máis ensalada…(por suposto, falamos de algas…).

Foron tres as viaxes que realizou o “catamarán” ría arriba e que permitironáspersoas que participaron gozar da experiencia de pasar por baixo de varias pontes e ter unha perspectiva ben diferente da cidade de Pontevedra.

Como ven sendo habitual, despois da pesca e o paseo pola ría celebrouseunha comida na que se compartironopinións, experiencias e risas. Desta vez tivo lugar no Restaurante “Entre sartenes” sito na Estación de Autobuses de Pontevedra.

Reiterar o nosoagradecementoáspersoas voluntarias e á colaboración do Club Minauta, que prestaron o seupequeno “catamarán adaptado” para esta ocasión.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies