Hoxe, 28 de novembro, concentrámonos para recordar a importancia de que se garantan os dereitos das persoas con discapacidade física e orgánica. Entre todos os dereitos, o dereito a unha vivenda digna é fundamental para poder levar a cabo unha vida normalizada e da mesma maneira é imprescindible garantir o dereito á mobilidade, é dicir, a que ti poidas saír e entrar da túa casa dunha forma autónoma e independente.

Estas dúas cuestións son imprescindibles para que poidamos deseñar o noso propio modelo de vida. Necesitamos unha casa na que vivir e necesitamos poder saír e entrar nela por nós mesmas e nós mesmos porque, desta maneira, teremos a posibilidade de acceder ao noso dereito ao traballo, ao noso dereito á educación e, non menos importante, o noso dereito ao lecer.

Neste sentido, pedimos aos poderes do Estado que traballen a favor das persoas con discapacidade e leven a cabo accións necesarias para que ningunha persoa se vexa na tesitura de que non pode entrar nin saír da súa casa, xa que, para vivir con autonomía e plena participación social é imprescindible a liberdade de movementos.

É necesario lembrar que parte desta problemática ten a súa explicación na Lei de Propiedade Horizontal. Esta lei é a que regula todos os aspectos relativos ás comunidades de propietarias e propietarios, pero a pesar de que as persoas con discapacidade tamén somos propietarias e inquilinas, non se non ten en conta da mesma maneira que ao resto da poboación.

En concreto, establece que serán obrigatorias e non requirirán de acordo previo da Xunta de Propietarios a realización de obras e actuacións necesarias para garantir a accesibilidade universal, sempre que as requiran aquelas persoas propietarias en cuxa vivenda ou local vivan, traballen ou presten servizos voluntarios, persoas con discapacidade ou maiores de setenta a anos.

Se este fora todo o texto que se dedica a liquidar a nosa situación de discriminación, sería estupendo, posto que provocaría que se levasen a cabo de maneira obrigatoria todas as medidas para que as persoas con discapacidade poidamos entrar e saír das nosas vivendas de maneira independente.

Sen embargo, esta lei garda un pequeno as baixo a manga que permite que as persoas con discapacidade sigamos sen ter garantida esta accesibilidade que nos corresponde por lei, tendo en conta que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran plenamente accesibles. Este consiste en que, se o custo da derrama por propietario supera as 12 cotas, esta reforma xa non tería carácter obrigatorio e serían os veciños e veciñas quen decidisen en xunta se se leva a cabo ou non.

Non podemos facer depender a accesibilidade universal dos recursos económicos que ten a cidadanía. Estamos nunha época na que moitas familias lles segue custando chegar ao final de mes e ter unha alimentación adecuada. Non podemos dicirlle á nosa xente que, aparte das súas necesidades básicas para solucionar unha situación que non provocaron, e que se debe a que non se tivo en conta ao noso grupo social, no momento no que se deseñou o edificio.

Un edificio accesible é un edificio para todas as persoas e realizar as obras necesarias para garantir a accesibilidade é unha inversión xusta e necesaria. Xusta, posto que a privación da liberdade sen haber cometido delito é unha das peores vulneracións de dereitos e necesaria porque, ao fin e ao cabo, ninguén sabe se en algún momento da súa vida vai necesitar estas adaptacións.

Menos dun 1% dos edificios do noso país son plenamente accesibles e 6 de cada 10 non permiten o acceso da rúa ao portal. Esta falta de accesibilidade está provocando que persoas con discapacidade non poidan saír das súas propias casas por non dispoñer dun ascensor ou unha rampla. Estásenos privando de liberdade sen ter cometido ningún delito.

Hoxe saímos á rúa en 37 cidades de España para falar de casos reais de persoas que non teñen unha vida independente. Poñermos voz e cara a unha realidade que require un verdadeiro compromiso político e cidadán para que deixemos de ser unha mera estatística de persoas con mobilidade reducida e se nos empece a tratar como o que somos: PERSOAS. Persoas con plenitude de dereitos.

Desgraciadamente, coñecemos a moitas persoas que entre a súa casa e a rúa atopan unha barreira que lles impide levar unha vida independente.

As administracións deben velar porque se leven a cabo as reformas necesarias, independentemente de cal é a capacidade adquisitiva das veciñas e veciños, subvencionando estas obras de accesibilidade para que ninguén se atope en ningunha das situacións que acabamos de escoitar.

Por todos estes motivos que estamos contando, pedimos ás institucións que garanten a accesibilidade universal en todos os edificios de vivendas, de maneira que se faga especial fincapé en que se leven a cabo reformar integrais e a instalación de ascensores ou ramplas sempre que sexa posible, en vez de optar por aquelas actuacións que facilitan a mobilidade pero requiren máis mantemento ou a intervención de terceiras persoas como poden ser un elevador ou salvaescaleiras.

Así mesmo, consideramos fundamental modificar a Lei de Propiedade Horizontal para eliminar a actual limitación económica de 12 mensualidades de gastos da comunidade e que sexa obrigatorio realizar as reformas de accesibilidade da mesma forma que as comunidades veciñais afrontan outras reformas ineludibles derivadas das condicións estruturais, a estanqueidade, a habitabilidade e a seguridade.

A este respecto, deberanse establecer axudas específicas a todas as comunidades veciñais que deban afrontar este tipo de actuacións, ante o custoso que pode supoñer a súa implantación, xa que así facilitaríase que as comunidades veciñais asuman o montante completo das obras de accesibilidade. Ademais, as axudas teñen que estar máis presentes nos inmobles antigos, posto que, por cuestións arquitectónicas, son os que necesitan un maior traballo á hora de levar a cabo as reformas de accesibilidade necesarias.

Outro dos aspectos clave é que non sexa necesario que sexa a propia persoa quen denuncie e poida facelo no seu nome calquera outra persoa ou entidade, a fin de evitar que a xente opte por non denunciar por medo a como reaccionará a propia veciñanza.

En definitiva, pedimos que as diferentes administracións, no ámbito das súas competencias, dean unha resposta satisfactoria a esta problemática e axilicen todos os trámites legais e administrativos necesarios para que os edificios sexan accesibles e que a  poboación en xeral respecte os dereitos das persoas das persoas con discapacidade física e orgánica e colabore no seu exercicio efectivo. O obxectivo final é a colaboración de todos os actores implicados para encontrar en cada caso a mellor solución á accesibilidade.

Estas medidas son fundamentais para conseguir edificios para todas as persoas, garantir os dereitos das persoas con discapacidade e que poidamos avanzar na nosa autonomía e acadar unha vida independente.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies