AMISERPRE

Que é?

O obxecto do servizo é poñer a disposición das persoas con discapacidade un sistema de préstamo de diverso material propio da entidade (cadeiras de rodas Evolution, ramplas extensibles,…) para favorecer os desprazamentos e o goce do seu tempo de ocio.

 

Persoas usuarias do servizo

Poderán ser usuarias do servizo de préstamo AMISERPRE todas as persoas con discapacidade maiores de idade que ademais cumpran os requisitos específicos contemplados a continuación para cada material obxecto de préstamo. Calquera persoa que cumpra os requisitos poderá solicitar o préstamo do material no que teña interese.

 

Procedemento

A persoa interesada deberá enviar un correo electrónico a amizade@asociacionamizade.org no que faga constar os seus datos persoais e a descrición da solicitude que pretende realizar, que conterá como mínimo:

  • Material obxecto da solicitude de préstamo.
  • Data proposta para a recollida do material (terá que ser de luns a venres).
  • Data proposta para a devolución do material (non podendo transcorrer máis de 30 días naturais dende a recollida do mesmo).
  • Motivo polo que se solicita o préstamo: viaxe, ocio, participación en marchas ou roteiros…

 

Tarifas

Dependendo da condición da persoa (se é socia de Amizade ou non), do tipo de material a prestar e do tempo no que se faría uso do mesmo, a persoa solicitante terá que facer fronte ás tarifas que aparecen recollidas no Anexo I do regulamento. O abono das mesmas farase por anticipado.

 

*Será necesario cumprir coas obrigas establecidas no regulamento, devolvendo o material no día pactado e en correcto estado de uso e limpeza.

*Recomendamos encarecidamente ler o Regulamento de préstamo, no que se recollen todos os aspectos vencellados co préstamo do material.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies