O martes 21 de maio puxemos fin a un curso cheo de imaxes. Foron cinco meses nos que aprendemos como empregar unha cámara fotográfica profesional en modo manual, controlando parámetros como ISO, diafragma, velocidade de obturación, zoom e todos os elementos que interveñen no proceso fotográfico. Sen dúbida foi unha experiencia única que agardamos repetir.