Vedra Hotel

Resume da análise de Vedra Hotel
Vedra Hotel Entrada Interior Aseo común Cuartos
Resultado da análise
Analizado Comentarios
Entrada: Regular
  • Porta: conta con porta automática, amplo corredor e pequena alfombra que non dificulta o acceso.
  • Rampla – Resalte: o encontro coa beirarrúa non está ben solucionado habendo un resalte que vai do centímetro e medio a once centímetros, posto que a beirarrúa ten pendente.

Resalte da entrada (Clic para ampliar a imaxe) Porta de entrada (Clic para ampliar a imaxe) Corredor de acceso (Clic para ampliar a imaxe)

Circulación: Ben
  • Horizontal: corredores anchos, tanto no acceso principal como nos diferentes andares. En certas zonas conta con moqueta pero de non moi difícil circulación.
  • Vertical: conta con ascensor adecuado.

Espazo interior e plataforma de acceso ao restaurante (Clic para ampliar a imaxe) Plataforma de acceso ao restaurante (Clic para ampliar a imaxe)

Aseo zona común: Regular
  • Lavabo: conta con billa monomando, e ten unha altura libre inferior de 0,69m estando na superficie superior a 0,83m.
  • Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxección abatible no espazo de aproximación e cunha barra fixa no lado oposto, ambas situadas a unha altura de 0,70m.
  • Espazo: o espazo de xiro existente é de 1,30m, que se ve ampliado ata 1,50m utilizando a parte inferior do lavabo.
  • Outros: o pomo da porta é de panca; o pasador de seguridade é de difícil manipulación; posúe luz con temporizador que pode constituír un impedimento pero que pode ser regulado polo persoal do hotel.

Lavabo (clic para ampliar a imaxe) Inodoro (clic para ampliar a imaxe) Porta (clic para ampliar a imaxe)

Cuartos: Regular

Conta con dúas habitacións adaptadas (a 101 e a 102) que se diferencian en que a 102 ten dúas camas individuais, menor radio de xiro e un baño un pouco máis pequeno.

  • Cama: a parte superior da cama está a 0,50m.
  • Mobiliario: o armario presenta dificultade para abrir as portas pero conta coa barra das perchas a 1,30m.
  • Espazo de circulación: o espazo de manobra é amplo.
  • Outros: os pomos son de panca; a porta de entrada non ten resorte.

Cuarto 101

Vista xeral do cuarto (clic para ampliar a imaxe) Espazo dispoñible arredor da cama (clic para ampliar a imaxe) Situación do aire acondicionado (clic para ampliar a imaxe) Armario (clic para ampliar a imaxe)

Cuarto 102

Vista xeral do cuarto (clic para ampliar a imaxe) Espazo interior (clic para ampliar a imaxe)

Cuarto de Baño:

  • Lavabo: conta con billa monomando, e ten unha altura libre inferior de 0,67m estando na superficie superior a 0,83m.
  • Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxeición abatible no espazo de aproximación e cunha barra fixa no lado oposto, ambas situadas a unha altura de 0,75m.
  • Espazo: o espazo de xiro existente é de 1,50m
  • Outros: o pomo da porta é de panca; o pasador de seguridade é de dificil manipulación; non conta con prato de ducha, a única opción é a bañeira.

Baño do cuarto 101. O do 102 é similar.

Acceso ao baño (clic para ampliar a imaxe) Lavabo (clic para ampliar a imaxe) Inodoro (clic para ampliar a imaxe) Espazo interior (clic para ampliar a imaxe) Bañeira (clic para ampliar a imaxe)

Observacións
  • O acceso ao restaurante faise a través dunha plataforma salvaescaleiras.
  • Bos accesos co centro da cidade.
  • Dirección: R/ Filgueira Valverde 10. 36004 - Pontevedra.
    Teléfono: 986 869 550
    Fax: 986 843 659.
    info@vedrahotel.es. www.vedrahotel.es

Patrocinadores

Transporte accesible