Hemeroteca
Amizade participa no II Open Internacional de tenis
O pasado 11 de maio, preto de trinta persoas, entre socias/os de Amizade, usuarios/as do Centro de Día da COGAMI, familiares e voluntarias/os, visitaron A Coruña para participar no II Open Internacional de Tenis en cadeira de rodas.
A saída realizouse dende o Centro de Recursos de Amizade en Monte Porreiro, e foron dúas furgonetas e un microbús as que desprazaron as/os participantes ata as instalacións da Escola de Tenis de Marineda en Cambre.
Celebración da XIX Asemblea Xeral Ordinaria de Amizade
Na mañá do sábado día 21 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Amizade celebrou a súa XIX Asemblea Xeral Ordinaria na que a Xunta Directiva deu conta, diante dos seus socios e socias, das actividades desenvolvidas durante o ano 2011 así como do balance económico correspondente a dito ano, que rematou con certo aforro. Ambos documentos formaban parte do informe de xesión que foi aprobado pola unanimidade dos asistentes.
Amizade aposta pola Casa da Luz para fusionar a oferta turística
Amizade considera inaccesible a sede de turismo Rias Baixas, unha das ubicacións que os medios de comunicación propoñían como unha das posibles sedes onde se podería concentrar a oferta turística provincial. Tanto é así que o presidente de Amizade renunciou a participar como ponente nunhas xornadas que se celebraron nese mesmo edificio.
A asociación estará atenta e fará todo o posible por impedir que esa concentración da oferta turística remate situada nun edifio inaccesible para as persoas con mobilidade reducida, discriminando a unha parte da poboación en canto ao seu dereito a acceder á información turística en igualdade de condicións que calquera persoa.
Comeza o proxecto "Ti Podes"
O 27 de marzo Amizade iniciou un proxecto de fomento da autonomía das persoas con discapacidade e que ten por obxectivo principal potenciar as súas habilidades e capacidades sociais, formativas e laborais. Outros obxectivos da actividade son aumentar a súa autoestima e a confianza neles/as mesmos/as, e contribuír ao seu desenvolvemento integral e á súa integración social.
Amizade inicia un curso de Introdución á Xestión Administrativa
O día 29 de febreiro deu comezo un curso dirixido a formar a persoas con discapacidade no coñecemento das novas tecnoloxías. Un total de 10 persoas recibirán formación no manexo do sistema operativo, tratamento de textos, follas de cálculo, e outros programas administrativos cuxo coñecemento incrementará as posibilidades de inserción laboral destas persoas.
Boletín de Amizade nº13, Marzo 2012
A discapacidade pode custar o 77,2% da renda do fogar
Por primeira vez, un equipo de investigadores estimou os custos e o impacto da discapacidade sobre a economía das persoas que a teñen en España. Segundo estes datos, o 90% da poboación con discapacidade grave está nunha situación de pobreza moderada, e o 56% na extrema.
Amizade participa nas "I Xornadas Interasociacións de Pontevedra"
O pasado, 11 de febreiro, “Indígnate Pontevedra” organizou unas “Xornadas Interasociacións” ás que asistiu e participou Amizade.
Co título “A realidade social en Pontevedra” constituíuse unha mesa rotatoria na que participaron representantes da Federación Castelao, Rexurdir, Boa Vida, Século XII, comedor de San Francisco, Indígnate Pontevedra e Amizade.
Amizade propón á Policía Local de Pontevedra para os premios FESVIAL
Son uns premios que outorga a Fundación Española de Seguridade Vial para policías locais e que contan cunha modalidade de Educación Vial, que é que para a que se propón á Policía Local de Pontevedra.
En concreto, óptase ao premio pola posta en marcha da iniciativa "Camiño Escolar", como método para mellorar a percepción da cidade como espazo seguro.

![Boletín de Amizade nº13 (Clic para ver o boletín) Boletín de Amizade nº13 [Clic para ver o boletín]](/files/IMAXES/boletin_amizade/boletin_amizade_13.bmp)
![Boletín de Amizade nº12 (Clic para ver o boletín) Boletín de Amizade nº12 [Clic para ver o boletín]](/files/IMAXES/boletin_amizade/boletin_amizade_12.bmp)


