Noticias

Amizade participa no II Open Internacional de tenis

O grupo chegando ás instalacións [Clic para ampliar a imaxe]O pasado 11 de maio, preto de trinta persoas, entre socias/os de Amizade, usuarios/as do Centro de Día da COGAMI, familiares e voluntarias/os, visitaron A Coruña para participar no II Open Internacional de Tenis en cadeira de rodas.
A saída realizouse dende o Centro de Recursos de Amizade en Monte Porreiro, e foron dúas furgonetas e un microbús as que desprazaron as/os participantes ata as instalacións da Escola de Tenis de Marineda en Cambre.

Celebración da XIX Asemblea Xeral Ordinaria de Amizade

Momento da asemblea [Clic para ampliar a imaxe]Na mañá do sábado día 21 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Amizade celebrou a súa XIX Asemblea Xeral Ordinaria na que a Xunta Directiva deu conta, diante dos seus socios e socias, das actividades desenvolvidas durante o ano 2011 así como do balance económico correspondente a dito ano, que rematou con certo aforro. Ambos documentos formaban parte do informe de xesión que foi aprobado pola unanimidade dos asistentes.

Amizade aposta pola Casa da Luz para fusionar a oferta turística

Amizade considera inaccesible a sede de turismo Rias Baixas, unha das ubicacións que os medios de comunicación propoñían como unha das posibles sedes onde se podería concentrar a oferta turística provincial. Tanto é así que o presidente de Amizade renunciou a participar como ponente nunhas xornadas que se celebraron nese mesmo edificio.

A asociación estará atenta e fará todo o posible por impedir que esa concentración da oferta turística remate situada nun edifio inaccesible para as persoas con mobilidade reducida, discriminando a unha parte da poboación en canto ao seu dereito a acceder á información turística en igualdade de condicións que calquera persoa.

Comeza o proxecto "Ti Podes"

Imaxe do primeiro día [Clic para ampliar a imaxe]O 27 de marzo Amizade iniciou un proxecto de fomento da autonomía das persoas con discapacidade e que ten por obxectivo principal potenciar as súas habilidades e capacidades sociais, formativas e laborais. Outros obxectivos da actividade son aumentar a súa autoestima e a confianza neles/as mesmos/as, e contribuír ao seu desenvolvemento integral e á súa integración social.

Amizade inicia un curso de Introdución á Xestión Administrativa

Imaxe do primeiro día do curso [Clic para ampliar a imaxe]O día 29 de febreiro deu comezo un curso dirixido a formar a persoas con discapacidade no coñecemento das novas tecnoloxías. Un total de 10 persoas recibirán formación no manexo do sistema operativo, tratamento de textos, follas de cálculo, e outros programas administrativos cuxo coñecemento incrementará as posibilidades de inserción laboral destas persoas.

A discapacidade pode custar o 77,2% da renda do fogar

Por primeira vez, un equipo de investigadores estimou os custos e o impacto da discapacidade sobre a economía das persoas que a teñen en España. Segundo estes datos, o 90% da poboación con discapacidade grave está nunha situación de pobreza moderada, e o 56% na extrema.

Amizade participa nas "I Xornadas Interasociacións de Pontevedra"

O pasado, 11 de febreiro, “Indígnate Pontevedra” organizou unas “Xornadas Interasociacións” ás que asistiu e participou Amizade.

Co título “A realidade social en Pontevedra” constituíuse unha mesa rotatoria na que participaron representantes da Federación Castelao, Rexurdir, Boa Vida, Século XII, comedor de San Francisco, Indígnate Pontevedra e Amizade.

Amizade propón á Policía Local de Pontevedra para os premios FESVIAL

Son uns premios que outorga a Fundación Española de Seguridade Vial para policías locais e que contan cunha modalidade de Educación Vial, que é que para a que se propón á Policía Local de Pontevedra.

En concreto, óptase ao premio pola posta en marcha da iniciativa "Camiño Escolar", como método para mellorar a percepción da cidade como espazo seguro.

Charla “Palestina sen barreiras”

CHARLA SOBRE PALESTINA [Clic para ampliar a imaxe]Gracias a AGARESO este pasado 29 de novembro tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man, a través da propia protagonista, Dalal Altegi, como viven aspersoas con discapacidade en Palestina. A experiencia foi máis que enriquecedora. Puidemos coñecer cales son os recursos dos que dispoñen e en que situación se atopan.

Participamos no magosto tradicional de Monte Porreiro

PARTICIPAMOS NO MAGOSTO TRADICIONAL DE MONTE PORREIRO[Clic para ampliar a imaxe]O pasado sábado, 12 de Novembro, en colaboración coa Asociación de Veciños/a, APAs, asociacións culturais e deportivas, entre outras entidades de Monte Porreiro, tivo lugar un Magosto tradicional, ao cal tivemos o pracer de participar e colaborar co mesmo.

Distribuir contido

Marca Fins Sociais

Transporte accesible

Navegación

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.