Talleres

Dentro de todas as actividades e talleres organizados en Amizade procuramos que para cada Alumno/a se elabore un programa individual – adaptado a súa capacidade e estructuras cognoscitivas persoais – de intervención física, psicolóxica ou de iniciación ao mundo laboral nos casos que sexa posible.

Este programa integrado por diferentes talleres terá como finalidade a habilitación social e a promoción profesional das persoas con discapacidade tendo en conta as súas necesidades e as necesidades do seu entorno.

A participación de todos os alumnos nas actividades supón ao mesmo tempo unha situación de respiro familiar.

  • Xerar actividades de integración para o colectivo de persoas con discapacidade.
  • Conseguir que atopen unha oferta de actividades axeitada as súas capacidades.
  • Mellorar a calidades de vida deste grupo social.
  • Potenciar a participación dos socios na vida da asociación.
  • Participar nunha actividade que os axude cara unha posible integración laboral e que mellore o seu grado de autoestima e de satisfacción persoal.

Taller prelaboral de habilidades manuais

O obxectivo que se plantexa con este taller é mellorar as capacidades manuais dos alumnos e alumnas que participan no mesmo, de xeito que co paso do tempo consigan adquirir a suficiente destreza nalgunha disciplina como para poder optar pola incorporación a un posto de traballo na empresa ordinaria ou nun centro especial de emprego.

Este taller ofrece diferentes productos e técnicas de traballo favorecendo así unha maior diversificación na actividade e na mellora de habilidades.

Vense traballando desde hai anos na pintura de figuras de escaiola e máis recentemente na pintura de telares e deseño e pintura de obxectos de vidro. Preténdese ampliar tanto o número de alumnos/as (que na actualidade son oito) como distribución horaria así como ir incorporando novas disciplinas ao taller como poden ser a artesanía en coiro, a cestería ou a encadernación. Ver instalacións.

Taller de informática con atención especializada

Este taller de informática é un taller específico no sentido de que todos os alumnos e alumnas son persoas con discapacidade pero nos que existe unha variedade de diagnósticos moi grande.

As idades poden estar comprendidas entre os 20 anos e os 60, polo tanto os monitores atópanse con moitos niveis de coñecemento e necesidades de apoio moi variadas.

Todos os alumnos/as que participan neste taller firman un compromiso de asistencia e antes de comezar as clases fáiselles unha proba de coñecementos. Deste xeito o profesorado valora a prestación de apoios que precisará cada un e programa adecuadamente o itinerario formativo.

Amizade proporciónalles un Manual teórico e práctico que comprende dende o nivel máis básico de Windows ata o tratamento de follas de cálculo e bases de datos de certa complexidade. Cada alumno/a comezará a estudiar e a facer o exercicios naquel nivel no que se atope e o monitor atenderá todas as dúbidas de xeito individual.

Foméntase o desenvolvemento ocupacional, persoal e social dos usuarios/as para que superen os obstáculos con que se atopan na súa integración social e laboral a consecuencia da súa diversidade funcional. Resérvase un tempo para potenciar actitudes e aptitudes relacionadas co ámbito do traballo.

En moitos casos o taller serve de base para un futuro curso do Plan FIP, como pode ser o de empregado de oficina (no que é preciso ter coñecementos informáticos) ou o de informática básica. Noutros casos o obxectivo céntrase máis no desenvolvemento de habilidades comunicativas e conductuais para incrementar a competencia social e a adaptación ao medio. Ver instalacións

Patrocinadores

Transporte accesible