Senda do Lérez

Resultado xeral da análise
Senda do Lérez Firme Pendente Obstáculos

Informe feito ao pouco da inauguración da senda. O sentido da marcha foi Pontevedra-Monte Porreiro.

A división en tramos, así como os alternativos, non forma parte da senda oficial. Fíxose a xeito particular para facilitar a comprensión dos datos presentados, sinalar os aparcadoiros e ofrecer alternativas aos treitos con dificultade.

Resultado da análise
Tramo 1 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Regular Onde remata o carril bici da avenida de Buenos Aires e comeza a senda o firme presenta irregularidades durante uns 20 metros que dificultan a marcha nunha cadeira manual ou eléctrica con rodas macizas. O resto do percorrido é mais cómodo facelo pola beirarrúa paralela que polo treito novo.
Pendente: Ben Chan ata a ponte do tren, logo pendente asumible.
Obstáculos: Ben Non hai obstáculos durante o percorrido.
Imaxes: Acceso á senda desde o carril de bicicletas da avenida de Buenos Aires (clic para agrandar a foto) Treito co firme irregular (clic para agrandar a foto) Entronque coa beirarrúa (clic para agrandar a foto) Punto de información (clic para agrandar a foto) Inicio do treito de madeira (clic para agrandar a foto)

Resultado da análise
Tramo 2 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Regular Nos treitos de madeira a marcha é moi agradable pero no resto o material non é o máis axeitado e provoca incomodidade se se utilizan rodas macizas.
Pendente: Ben Altérnanse treitos chans con pendentes suaves. Nos metros finais, no caso de levar cadeira manual, as persoas con pouca forza nos brazos necesitarían axuda.
Obstáculos: Ben Non hai obstáculos durante o percorrido.
Outros A metade de camiño existe un acceso ao tramo alternativo que discorre máis arriba, pero pola gran pendente e o cemento que botaron ao final para encamiñar a chuvia non pode utilizarse.
Imaxes Comezo do tramo 2 (clic para agrandar a foto) Pasarela de madeira (clic para agrandar a foto) Firme incómodo (clic para agrandar a foto) Chan non moi cómodo (clic para agrandar a foto) Pasarela e paso non accesible ao tramo alternativo 1 (clic para agrandar a foto) Inicio da pendente (clic para agrandar a foto) Pendente pronunciada (clic para agrandar a foto) Fin do tramo 2 e comezo do 3 (clic para agrandar a foto)

Resultado da análise
Tramo alternativo 1 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Ben Ata a urbanización en perfecto estado, ao entrar na pista o asfaltado é aceptable.
Pendente: Ben Subida asumible ata a urbanización, logo lixeira baixada.
Obstáculos: Ben Pedras que impiden a entrada dos coches pero que non dificultan o paso no momento en que fixemos este informe.
Outros Aparcadoiro á entrada da urbanización. Nese punto pódese retroceder ata entrar polo tramo 2 ou seguir ata o cruzamento, onde se pode escoller facer o tramo 2 en sentido inverso ou continuar polos 3 e 4.
Imaxes Rampa de acceso á urbanización (clic para agrandar a foto) Inicio da pista asfaltada que leva ata o tramo 2 e 3 (clic para agrandar a foto) Paso non accesible desde tramo 2 (clic para agrandar a foto) Pedras que impiden o paso de vehículos (clic para agrandar a foto) Final do punto 2 e inicio do 3 (clic para agrandar a foto)


Resultado da análise
Tramo 3 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Mal Asfaltado pero en mal estado durante todo o tramo.
Pendente: Regular Altérnanse treitos chans con lixeiras baixadas. Nos metros finais hai unha costa pronunciada e no caso de levar cadeira manual as persoas con pouca forza nos brazos necesitarían axuda
Obstáculos: Mal Debido a filtracións de auga hai varios puntos co terreo enlamado que fan case imposible o paso cunha cadeira manual ou eléctrica básica sen contar con axuda. Debido a un desprendemento de terra nun treito hai a penas un metro de ancho para pasar. A un lado queda a gabia e a outro un precipicio, polo que hai que ter coidado.
Outros Este tramo non é de nova construcción, discorre por unha pista creada hai anos, que foi limpada para poder utilizarse. Foi analizado con bo tempo pero con malas condicións climatolóxicas realizar o treito é imposible.
Imaxes Treito enlamado (clic para agrandar a foto) Detalle da lameira (clic para agrandar a foto) Paso perigoso (clic para agrandar a foto) Paso perigoso visto desde outro punto (clic para agrandar a foto) Outro treito enlamado (clic para agrandar a foto)


Resultado da análise
Tramo 4 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Ben Asfaltado en boas condicións
Pendente: Regular Costa abaixo con pendente pronunciada no inicio, chan no treito central e pendente asumible ao final.
Obstáculos: Ben Non hai obstáculos durante o percorrido.
Outros A senda ten nun ramal ata Lérez cruzando unha pasarela, pero non é accesible. Hai un pequeno aparcadoiro ao final do tramo.
Imaxes Comezo do tramo e cruzamento co alternativo 2 (clic para agrandar a foto) Pendente pronunciada (clic para agrandar a foto) Treito chan (clic para agrandar a foto) A cascada (clic para agrandar a foto) Treito final con baixada asumible (clic para agrandar a foto) Remate da senda e aparcadoiro (clic para agrandar a foto)
Resultado da análise
Tramo alternativo 2 Firme Pendente Obstáculos
Firme: Ben Asfaltado en perfecto estado.
Pendente: Mal Desde o cruzamento dos tramos 3 e 4 subida continua, nos metros finais faise aínda máis pronunciada. Non recomendable realizalo en cadeira manual se non se está en moi boa forma física.
Obstáculos: Ben Non hai obstáculos durante o percorrido.
Outros Aparcadoiro diante do centro médico da urbanización. Pode ser interesante comezar nese punto se so se quere facer o tramo 4.
Imaxes Comezo do tramo desde o cruzamento co 3 e 4 (clic para agrandar a foto) Treito central con pendente continua (clic para agrandar a foto) Metros finais con pendente pronunciada (clic para agrandar a foto)

Patrocinadores

Transporte accesible