Cafetería – Restaurante Rokelin

Resume da análise da Cafetería – Restaurante Rokelin
Rokelin Entrada Mobiliario Aseo
Resultado da análise
Analizado Comentarios
Entrada: Regular
  • Porta: é unha porta bastante pesada pero case sempre está aberta.
  • Rampla – Resalte: ten un resalte de 4cm que está mal achafranado, quedando finalmente un resalte final duns 2cm que dificulta algo o acceso.
Mobiliario: Regular
  • Mesas: conta con mesas que teñen un pé central que dificulta a aproximación a unha persoa en cadeira de rodas.
Aseo: Regular
  • Lavabo: a altura libre inferior de 0,75m, dispón de semipedestal e conta con billas de presión.
  • Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxecicón abatible no espazo de aproximación; ademais, a barra non é quen de permanecer levantada. Non conta con barra de suxección no lado oposto ao espazo de aproximación.
  • Espazo: o espazo de xiro existente é suficiente para executar as manobras.
  • Outros: a porta ten un resorte que dificulta a súa manipulación e non é quen de quen de permanecer aberta autónomamente; os pomos das portas son de panca; os pasadores de seguridade son de difícil manipulación para persoas con pouca destreza manual; unicamente conta con estas medidas o masculino, sendo o feminino inaccesible.
Observacións
  • Situado na rúa Camiño do Ferro, 6 (ao lado de Vialia). Entorno accesible, con conexión co aparcamento en superficie da estación do tren.
Imaxes: Fachada do local (clic para agrandar a foto) Entrada ao local (clic para agrandar a foto) Mesa (clic para agrandar a foto) Lavabo (clic para agrandar a foto) Inodoro (clic para agrandar a foto) Porta do baño (clic para agrandar a foto)