Quen somos

Coñece a nosa asociación

Quen somos

A Asociación Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Somos unha entidade non gubernamental, que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Basea a súa actuación nos valoreas de democracia interna, solidariedade entre os membros, defensa de necesidades xerais por riba de intereses paticulares, transparencia e publicidade na xestión.

Fai unha doazón

Se queres colaborar economicamente connosco de xeito puntual, sen pasar a ser socio/a de Amizade, podes facernos unha doazón.

Podes pasarte polo noso local ou mesmo facernos unha transferencia á conta de Novacaixagalicia: 2080 5401 56 3040145318 .

Faite socio

Se compartes os nosos obxectivos, podes colaborar connosco de maneira voluntaria ou asociándote.

Chámanos ao teléfono 986 845 250, envíanos un correo electrónico a amizade [arroba] asociacionamizade.org ou achegáte ao noso local da rúa Alemaña 23 de Monte Porreiro. Ver situación.

Estatutos

No seguinte enlace podes dispoñer dos estatutos da asociación
Estatutos de Amizade

Xunta directiva

Compoñentes

Presidente

Paulo Fontán Torreiro

Vicepresidente

Eugenio Pazos Castromán

Secretaria

Helena Cabral Alfonso

Tesoureiro

Antonio Orella Vilanova

Vogais

Jose Manuel Lareu Gutiérrez

Manuel Alonso Costas

Alba Acuña Posses

Marcos Telles Ferreño

Distribuir contido