Rampla – Resalte: ten un resalte que vai desde os 2cm aos 6cm, diferenza motivada pola pendente da beirarrúa. Ao cruzar a porta conta cunha rampla interior do 12% de desnivel e de algo máis de metro e medio de lonxitude.
Mobiliario: Regular
Alfombra: sobre o tramo da rampla conta cunha alfombra que dificulta a mobilidade.
Mesas: conta con mesas que teñen un pé central que dificulta a aproximación a unha persoa en cadeira de rodas.
Aseo: Regular
Lavabo: a altura libre inferior de 0,75m, dispón de semipedestal e conta con billa monomando.
Inodoro: está a unha altura da 0,40m, e conta cunha barra de suxecición abatible no espazo de aproximación. Non conta con barra de suxección no lado oposto ao espazo de aproximación.
Espazo: o espazo de xiro existente é suficiente para executar as manobras.
Outros: dispón de porta de corredeira con pomos de doada manipulación; o pasador de seguridade permiten a súa manipulación por persoas con pouca destreza manual, aínda que están situadas nunha esquina; unicamente conta con estas medidas o feminino, sendo o masculino inaccesible.
Observacións
Situado na rúa Eduardo Pondal, 6-10. Entorno accesible, con conexión coa Praza de Galicia, Hospital Provincial...