Ocio e tempo libre
As actividades de ocio e tempo libre véñense desenvolvendo pola asociación desde o seu nacemento. Favorecen a integración na comunidade das persoas con discapacidade a través da participación social á vez que melloran as relacións interpersoais.
Téñense programado, nos últimos anos, visitas a lugares de interese (museos, bodegas,...), asistencia a espectáculos deportivos, xantares e ceas, etc.
Nos últimos anos tense ampliado a oferta de actividades, organizándose comidas na praia de Montalvo, unha visita á praia de Rodeira en Cangas, unha visita ao parque natural Complexo Dunar de Corrubedo, realizouse o roteiro Castelao, visitouse a Área arqueolóxica do Tourón, relizáronse diversas xornadas de pesca, unha visita ás Illas Cíes, visitas ás cidades da Coruña e O grove, etc.



