Noticias
Amizade inicia un curso de Informática Básica
Amizade crea un espazo web de intercambio, consulta e información laboral
A partir do día 6 de abril, a Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, Amizade, contará cun Espazo Web de Intercambio, Consulta e Información laboral. O obxectivo do mesmo é potenciar aulas de intermediación socio-laboral nas que se fomente e posibilite o uso das novas tecnoloxías para a búsqueda activa de emprego.
Un taller de educación de adultos forma a 11 persoas con discapacidade
Hai persoas con discapacidade que por moi diversas razóns non contan con formación basica en lectoescritura, en habilidades sociais ou en informática.
Desde o 16 de febreiro un grupo de 11 persoas con discapacidade asisten a este taller, no que unha monitora especializada dirixe a formación en lingua, matemáticas, informática ou habilidades sociais.
Iníciase a actividade de Piscina Terapéutica
O luns, día 2 de febreiro, comezou a actividade de Piscina Terapéutica nas instalacións das Piscinas Municipais de Campolongo. O obxectivo que se plantexa con esta actividade é mellorar as condicións físicas e de psicomotricidade, e consecuentemente, a autonomía das persoas beneficiarias da mesma. Para isto, contan coa axuda dunha monitora especializada en Piscina Terapéutica que guía e axuda nos distintos exercicios.
Amizade entrega os diplomas do curso de Formación de Asistente Persoal
As 11 alumnas que finalizaron o curso de Formación de Asistente Persoal recibiron o día 30 de xaneiro os seus diplomas que acreditan a superación de todos os módulos do curso.
Foi un curso de 270 horas de duración, impartidas de outubro a decembro de 2008, no que se efectuou unha formación completa para que todas as persoas que a recibiron poidan desenvolver axeitadamente as funcións do Asistente Persoal.
Vázquez Plaza aposta pola supresión total das barreiras arquitectónicas de Monte Porreiro
Amizade aportou un estudo no que constaban 142 rampas non axustadas á lei e inútiles. Están dispersas por todo o barrio e serán reformadas para usalas. Tamén se construirán elementos de seguridade vial como lombos que se extenderán a Os Campos e Santa Margarita
O concelleiro de barrios, Miguel Vázquez Plaza visitou esta mañá o barrio de Monte Porreiro para estudiar sobre o terreo a instalación de pasos elevados e a eliminación de barreiras neste ámbito, no que residen 4.700 persoas. Estivo acompañado de representantes de Cogami, da asociación O Mirador, da empresa Rías Baixas, así como de técnicos municipais e da empresa Sercoysa que se encargará de facer estas obras.
Reunión con Guillerme Vázquez
O pasado martes dia 20 de xaneiro o presidente de Amizade reuniuse con Guillerme Vázquez, concelleiro da área de protección cidadá e responsable, entre outras cousas, de ocupacións da vía pública, disciplina urbanística ou seguimento de obras urbanas.
Amizade asina un convenio de colaboración con Acceda Ortopedia
A empresa Acceda Ortopedia ven de asinar un convenio de colaboración con Amizade mediante o cal a empresa aporta unha cantidade económica anual en concepto de axuda a cambio de que Amizade manteña de xeito permanente o logo da empresa na súa páxina web.
Este convenio, que contén algún outro acordo, demostra o compromiso que Acceda demostra coa asociación; un compromiso que vai máis ala do mero intercambio comercial.
Remata o curso de Formación de Asistente Persoal
O día 19 de decembro concluiu o curso de Formación de Asistente Persoal que se viña impartindo en Amizade desde o 6 de outubro. Foron un total de 11 persoas, todas elas mulleres, as que completaron satisfatoriamente os módulos do curso e as que a partir de agora posúen uns maiores coñecementos que en boa medida se espera que contribúan a ofrecerlle maiores posibilidades laborais.
Amizade visita as instalacións da Asociación Juan XXIII
Enmarcada dentro do curso de Formación de Asistente Persoal, que ten lugar en Amizade desde outubro, organizouse unha visita ás instalacións que a Asociación Juan XXIII ten na cidade de Pontevedra.
O día 12 de decembro as 11 alumnas do curso, xunto con diverso persoal de Amizade, puideron comprobar o traballo que a Asociación Juan XXIII realiza para a promoción, capacitación profesional e integración das persoas con discapacidade intelectual.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »

![Alumnas e alumnos durante a inauguración do cuso (Clic para ampliar a imaxe) Alumnas e alumnos durante a inauguración do cuso [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/curso_iniciacion_informatica_2009/inauguracion_curso_informatica_mini.jpg)

