Noticias
Xornada de ocio en Montalvo
O pasado día 27 de xuño Amizade organizou unha actividade de lecer co fin de favorecer a interrelación persoal e o coñecemento mutuo, á vez que ofrecía unha alternativa de ocio nun entorno natural.
A xornada comezou ás 12:30h, momento no que todas as persoas chegaron ao lugar e tomaron o primeiro contacto co espazo, deixaron as súas cousas e foron dar un paseo ata a praia. Temos que agradecer a Autocares Rías Baixas a súa colaboración no transporte dos asistentes.
Reunión co novo concelleiro de Accesibilidade do concello de Pontevedra
Unha remodelación do goberno local de Pontevedra provocou que a área de accesibilidade pasara a mans do novo concelleiro Luis Bará. Amizade xa tiña solicitada unha reunión co alcalde de Pontevedra e aproveitou a visita de Bará para adiantarlle as cuestións de maior interese.
Unha parte inicial da xuntanza consistiu en transmitirlle ao novo concelleiro o concepto de accesibilidade que Amizade defende e o que pensamos desde a asociación que se debe facer desde o concello neste eido.
Amizade pon en marcha unha campaña de concienciación política
A asociación Amizade sabe que os responsables políticos dos concellos teñen moita capacidade para influír na mellora da calidade de vida dos seus cidadáns e cidadás, en especial, daqueles/as que posúen algún tipo de discapacidade.
A miúdo os alcaldes/esas e concelleiros/as descoñecen cales son as verdadeiras necesidades das persoas con discapacidade, o que provoca que as veces se poñan en marcha iniciativas que lonxe de favorecer a integración e a normalidade producen o efecto contrario.
Socios e socias de Amizade percorren o Roteiro Castelao
O venres 22 de maio Amizade organizou unha visita ao roteiro Castelao na que participaron un grupo de alumnos/as do programa de Educación de Adultos/as xunto con outros/as socios/as da entidade.
O roteiro comezou ás 10:00 da mañá na praza San José e percorréronse rúas e lugares de interese da cidade de Pontevedra relacionadas con Castelao; entre outras, a praza da Ferrería, Museo de Pontevedra (onde observaron fundamentalmente a aula adicada a Castelao), a fábrica da luz, a praza do Teucro e das cinco rúas, teatro principal, etc.
Amizade colabora coa iniciativa "Ruta Libre"
"Ruta Libre" é unha iniciativa xurdida dun grupo de alumnos e alumnas da facultade de Belas Artes que pretende ofrecer un servizo de información que permita que calquera persoa poida coñecer as condicións de accesibilidade das distintas rúas da cidade.
Isto vaise artellar a través dun mapa da cidade que poderá ser consultado desde Google Maps no seguinte enderezo (aínda que aínda está en fase de elaboración): Mapa wep de Pontevedra en Google Maps
Comida da asociación Amizade
O sábado 25 de abril, ao rematar a asemblea xeral da asociación, celebrouse unha comida no restaurante do Pazo de Cultura. Asistiron á mesma 22 persoas entre socios/as familiares e amigos/as. Constituír un tempo agradable onde todas as persoas puideron compartir experiencias persoais e gozar dun prato de comida rodeados dos amigos/as.
Amizade celebra a súa XVI Asemblea Xeral Ordinaria
Campaña por unha Lei europea de Asistencia Persoal
Desde a asociación Amizade queremos apoiar esta campaña europea para contar cunha Lei de Asistencia Persoal que garanta o acceso a este servizo a todas as persoas que o precisan.
A Asistencia Persoal é un elemento clave para a igualdade de oportunidades das persoas con necesidades de apoios xeneralizados, por iso animamos a que se apoie a campaña europea en prol dunha lei tan necesaria.
Se premes en "seguir lendo" terás máis información
Amizade denuncia barreiras arquitectónicas no Burguer King
Despois de comprobar que o establecemento, a pesar de contar con licenza municipal, ten un chanzo de 10cm que impide o acceso a persoas con discapacidade, a asociación Amizade enviou a nota de prensa que aparece a continuación.
BURGUER KING, UN ESTABLECEMENTO QUE DISCRIMINA
Hai uns poucos días que abriu as súas portas o Burguer King situado na Praza de Curros Enríquez, despois de certas dificultades para conseguir a licenza de apertura.
Nace o Boletín de Amizade
Un boletín que nace coa vontade de servir de canle de comunicación entre a asociación e a sociedade, de maneira que poidamos divulgar tanto as nosas actividades como outras cuestións de interese social.
Nos vinte anos de existencia cos que conta Amizade vivíronse diferentes momentos de actividade e funcionamento que variaban segundo os recursos dispoñibles.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »


