Noticias

Amizade propón á Policía Local de Pontevedra para os premios FESVIAL

Son uns premios que outorga a Fundación Española de Seguridade Vial para policías locais e que contan cunha modalidade de Educación Vial, que é que para a que se propón á Policía Local de Pontevedra.

En concreto, óptase ao premio pola posta en marcha da iniciativa "Camiño Escolar", como método para mellorar a percepción da cidade como espazo seguro.

Charla “Palestina sen barreiras”

CHARLA SOBRE PALESTINA [Clic para ampliar a imaxe]Gracias a AGARESO este pasado 29 de novembro tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man, a través da propia protagonista, Dalal Altegi, como viven aspersoas con discapacidade en Palestina. A experiencia foi máis que enriquecedora. Puidemos coñecer cales son os recursos dos que dispoñen e en que situación se atopan.

Participamos no magosto tradicional de Monte Porreiro

PARTICIPAMOS NO MAGOSTO TRADICIONAL DE MONTE PORREIRO[Clic para ampliar a imaxe]O pasado sábado, 12 de Novembro, en colaboración coa Asociación de Veciños/a, APAs, asociacións culturais e deportivas, entre outras entidades de Monte Porreiro, tivo lugar un Magosto tradicional, ao cal tivemos o pracer de participar e colaborar co mesmo.

Amizade entrega os diplomas do obradoiro de introdución ao deseño gráfico

AMIZADE ENTREGA OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO: PHOTOSHOP [Clic para ampliar a imaxe]

O pasado día 16 de novembro finalizou o “Obradoiro de Introducción ao Deseño Gráfico: Photoshop”, día no que e os/as alumnos/as participantes recibiron os seus diplomas que acreditan a superación de todos os módulos do obradoiro.

Xornada de pesca de Amizade, xa pola IV edición

O grupo intentando pescar algo[Clic para ampliar a imaxe]O día 10 de setembro tivo lugar unha nova xornada de pesca organizada por Amizade. Continúa a ser unha actividade que lle gusta á xente e que a asociación xa organiza por cuarta vez. Nesta ocasión a climatoloxía non acompañou demasiado e puido ser ese o motivo polo que o número de participantes foi inferior ao de outras edicións.

Paseo pola ría

O grupo comezando a viaxe [Clic para ampliar a imaxe]Amizade organizou un paseo pola ría de Pontevedra, o venres 9 de Setembro, no que participaron varias persoas con mobilidade reducida. Esta actividase puidose organizar grazas á colaboración do Club Minauta, quen facilitou a embarcación. Trátase dunha zodiac de pequeno tamaño cuxo deseño permite que se poidan incorporar de xeito relativamente sinxelo persoas en cadeira de rodas.

Amizade reúnese co Alcalde de Cotobade

Momento da reunión entre Jorge Cubela e Paulo Fontán [Clic para ampliar a imaxe]O día 31 de agosto celebrouse unha reunión entre o presidente de Amizade e o alcalde do concello de Cotobade, Jorge Cubela. Unha xuntanza solicitada por Amizade coa intención de presentarlle a asociación ao novo alcalde do concello saído das últimas eleccións municipais de maio.

Comida de Amizade na praia de Montalvo

Todas as persoas posando [Clic para ampliar a imaxe]Como ven sendo case unha tradición, o pasado sábado 27 de agosto Amizade organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as no piñeiral da praia de Montalvo. Unha comida na que se intercambiaron experiencias vitais, gozouse dun entorno natural e dunha compañía agradable.

Amizade reúnese con Carmen Fouces

A recentemente nomeada concelleira de Benestar Social do concello de Pontevedra visitou as instalacións de Amizade o día 5 de xullo. Carmen Fouces puido coñecer de primeira man as actividades que desenvolve a asociación e escoitar as demandas que lles transmitiron as responsables da asociación.

Amizade nominada aos premios "Pontevedresa na Onda"

A segunda edición dos premios "Pontevedresa na Onda" incluiu á Asociación Amizade como candidata na categoría de proxecto social e solidario.

Trátase dun galardón que premia aquelas iniciativas que "están máis na onda" e que consta de varias modalidades de diversos ámbitos. Desde Amizade queremos agradecer a Onda Cero Pontevedra o feito da nominación e comprometémonos a continuar traballando na liña da mellora continua da nosa sociedade.

Distribuir contido