Seguridade vial para nenos, pais, nais, discapacitados, para a Terceira Idade...

Rapaces asistentes ao curso de inauguración de Educación Vial (Clic para ampliar a imaxe)A Concellaría de Protección Cidadá inaugurou o 17 de novembro o curso municipal de Educación Vial nun acto celebrado no Pazo da Cultura, e no que estivo presente o alcalde, Miguel Vázquez Plaza. O concelleiro Guillerme Vázquez e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle participaron nesta inauguración que tivo como referencia a intervención de Paulo Fontán, presidente de Amizade, e Jeanne Picard, vicepresidenta de Stop Accidentes.

Ciclo de conferencias sobre Cidade e Espazos Públicos

A cidade vivida

Intervención de Paulo Fontan

Paulo Fontán durante a súa intervención no acto (Clic para ampliar a imaxe)Boas tardes a todos e todas.

En primeiro lugar, quero agradecer a invitación a participar nestas conferencias ao concello de Pontevedra e, en especial, á concelleira de cultura (Lola Dopico) á que aproveito para felicitar por esta iniciativa.

O certo é que xa interviñeron aquí, neste fermoso entorno, tres profesores de universidade de contrastado prestixio, e en vindeiros días intervirán diversos profesionais da arquitectura, tamén cunha ampla traxectoria profesional.

Amizade participa no ciclo de conferencias sobre Cidade e Espazos Públicos

O presidente de Amizade, Paulo Fontán, impartiu unha conferencia que, co título de A cidade vivida, pretendeu explicar como un entorno urbano accesible e uns espazos públicos ben deseñados fan posible que unha cidade poida ser vivida por todas as persoas.

A conferencia enmarcouse dentro do ciclo que organizou a concellería de cultura do concello de Pontevedra no que cobrou unha especial relevancia a Praza Efémera que se creou no palco da música da alameda pontevedresa.

Remata o Curso FIP de Empregado/a de Oficina

Alumnos e alumnas do curso xunto á profesora e os responsables de Amizade e COGAMI (Clic para ampliar a imaxe)O día 17 de outubro rematou o curso do Plan FIP, na especialidade de Empregado/a de Oficina, que se viña impartindo nos locais de Amizade desde o mes de marzo.

Ao acto de clausura do curso asistiron David Silva (responsable de comunicación de COGAMI), Francisco Abuín (responsable de Formación de COGAMI), Paulo Fontán (presidente de Amizade) e Alba Acuña (coordinadora de formación de Amizade).

Amizade visita as instalacións de Amencer

Alumnas do curso durante a súa visita [Clic para ampliar a imaxe]As alumnas do curso de Formación de Asistente Persoal, xunto coa profesora e diverso persoal de Amizade, asistiron o día 17 de outubro a unha visita guiada polos dous centros que a Asociación Amencer ten na cidade de Pontevedra.

O persoal de Amencer explicou cales son as actividades que realiza a asociación, tanto no centro de día como no centro educativo, e púidose apreciar o importante labor que esta entidade desenvolve coas persoas con parálise cerebral.

Rías Baixas estrea un autobús adaptado que cubrirá a liña de Monte Porreiro

O vehículo dispón dunha rampla abatible que facilita o acceso en cadeira de rodas

José Estévez (Pontevedra).

A empresa Autocares Rías Baixas iniciou onte a celebración da Semana dá Mobilidade Europea coa presentación dun autobús accesible, deseñado para as persoas que precisan dunha cadeira de rodas ou que teñen dificultades para desprazarse, como é o caso dos invidentes. O vehículo, que entrará en funcionamento a próxima semana, cubrirá a liña que une o centro urbano cos barrios de Monte Porreiro, O Castelo, Salcedo e A Caeira.

Pablo Cimadevila logra unha nova medalla de bronce

Pablo Cimadevila (esquerda), Sebastián Rodríguez (segundo pola esquerda), Vicente Gil (dereita) e Daniel Vidal (atrás) tras lograr a medalla de bronce (Clic para ampliar a imaxe)David Acevedo (Pontevedra).

Pablo Cimadevila logrou unha nova medalla, ao formar parte (tanto na eliminatoria matinal como na final) da substitución 4x50 metros estilos que terminou terceiro. Na última carreira, o pontevedrés nadou a primeira posta dunha proba que pechou de xeito brillante Sebastián Rodríguez ‘Chano'.

Pablo Cimadevila conquista unha medalla de bronce con sabor a ouro

Pablo Cimadevila sostendo a medalla (Clic para ampliar a imaxe)O pontevedrés bate a marca de Europa dos 200 metros estilos

David Acevedo (Pontevedra).

Pablo Cimadevila xa ten unha nova medalla paralímpica no seu espectacular palmarés grazas ao bronce que onte conseguiu na proba dos 200 metros estilos, categoría SM5, dos Xogos de Pequín 2008.

Carta de Pablo Cimadevila

Pablo Cimadevila (Clic para ampliar a imaxe)Buenas tardes Pekín.

Desde la villa olímpica.

Yo no quiero estar donde no me quieren.

Si en Pekín la piscina tiene 15.000 espectadores disfrutando del deporte paralímpico, ¿por que en España no nos quieren? A lo largo de mi carrera deportiva he tenido que vivir multitud de situaciones incómodas. ¿Por que no lo dicen claro?, no valemos, no nos gusta lo que hacéis, nos produce vergüenza veros en televisión. Si algo no soporto es la mentira, porque siempre dicen lo que valemos, el mérito que tenemos, y a la hora de la verdad somos un cero a la izquierda.

Cursos de formación on line gratuítos

COCEMFE a través da Universidade Técnica de Verano ofrece os seguintes cursos de formación.

Datos do curso
Cursos Horas Inicio Fin
Diseño de páginas web 60 1 de outubro 30 de novembro
Prevención de riesgos laborales 30 1 de outubro 30 de outubro
Distribuir contido

Queres colaborar?

Transporte accesible