Amizade recibe a colaboración da empresa ENCE

Web de ENCEDesde Amizade queremos agradecer a colaboración que este ano vimos de recibir da empresa pasteira ENCE. Unha axuda económica que nos permitirá continuar ofrecendo servizos aos nosos socios e socias e que cobra máis valor se cabe nesta situación de crise económica.

Charla-Coloquio “Axudas económicas para persoas con discapacidade"

O mércores 23 de setembro impartiráse unha Charla-Coloquio que versará sobre “Axudas á persoas con discapacidade”. Terá lugar no local da asociación Amizade, ubicado en Monte Porreiro, ás 18:00 horas. A mesma será impartida por unha Traballadora Social da Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI) con amplia experiencia neste ámbito.

Visita á Área Arqueolóxica do Tourón

O día 10 de setembro un grupo de socios e socias de Amizade realizaron unha visita á Área Arqueolóxica do Tourón, situada no concello de Ponte Caldelas.

O grupo recibindo as indicacións da guía [Clic para ampliar a imaxe]A Área arqueolóxica de Tourón ocupa apróximadamente unhas 15 hectáreas (150.000 m2). Trátase dun dos conxuntos de arte rupestre ao aire libre máis importantes de Galicia. Os petroglifos de Tourón caracterízanse pola súa gran orixinalidade, destacando o gran panel da Laxe das Cruces. Os petroglifos datan do Neolítico Final-Idade de Bronce, concretamente III-II milenio a.C.

Amizade inicia un novo curso de Informática Básica

Alumnas e alumnos durante a inauguración do cuso [Clic para ampliar a imaxe]O luns, día 7 de setembro, tivo lugar o inicio dun curso de Informática Básica nos locais da asociación. O curso conta coa colaboración da Federación Provincial de asociacións de persoas con discapacidade e está financiado pola Deputación de Pontevedra.

Dereito á sexualidade das persoas con discapacidade

Existe a percepción social de que as persoas con discapacidade son seres asexuados, que nin poden nin queren ter sexualidade. Pero a realidade non é esa; as persoas con discapacidade teñen desexos sexuais e poden participar plenamente nunha relación.

A cotinuación aparece o texto dunha noticia de Suiza. Non pretendemos posicionarnos no sempre polémico tema da prostitución mais si que queremos que se vexa como outros estados europeos teñen unha visión máis ampla sobre os dereitos sexuais das persoas con discapacidade.

Enlace coa noticia sobre sexualidade

Visita ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo

O 30 de xullo tivo lugar unha nova xornada de ocio organizada pola asociación Amizade. Nesta ocasión a paraxe escollida foi o Complexo Dunar de Corrubedo, declarado Parque Natural no ano 1992.

Preparándose para saír [Clic para ampliar a imaxe]A saída tivo lugar ás 9:30h e o transporte realizouse nos vehículos que a Fundación La Caixa nos cedeu gratuitamente. Foron un total de 23 persoas as que nesta ocasión se animaron a compartir unha xornada de lecer con outros compañeiros/as e amigos/as.

Saída ás Illas Cíes/Praia Rodeira (Cangas)

Amizade organizou, para o mércores 8 de xullo, unha nova xornada de ocio que neste caso consistía nunha visita ás Illas Cíes, onde se tiña plantexado pasar todo día.

Mais o que ía ser unha xornada de lecer converteuse nunha experiencia de frustración, desesperanza e impotencia, e para algúns incluso de “medo”.

Foto de grupo no paseo da praia de Rodeira [Clic para ampliar a imaxe]Levabamos semanas organizando a saída e concretando coa empresa “Naviera Mar de Ons” a visita guiada pola Illa, a accesibilidade ao barco; co Parque Nacional o paseo pola Illa; o transporte ata Cangas coa Fundación La Caixa e Transportes Rías Baixas, entre outros preparativos.

Sorteo dunha estancia nunha casa rural

Amizade organiza o sorteo dunha estancia de dúas noites nunha casa de turismo rural de Galicia . Será en habitación doble e dentro dos días considerados días verdes. Venderanse papeletas ao prezo de 2€ e o sorteo celebrarase o día 30 de outubro de 2009.

Todas as persoas que queiran mercar participacións terán que poñerse en contacto coa asociación antes do día 20 de outubro.

Amizade denuncia barreiras nun novo local

No mes de abril Amizade denunciou publicamente que se permitise a apertura de establecementos que discriminan. Nese caso tratábase do Burguer King situado na praza de Curros Enríquez que conta cun chanzo na porta de acceso que impide o acceso a persoas que se desprazan en cadeira de rodas, e dificulta o mesmo a outras persoas con mobilidade reducida.

Pois a historia parece repetirse. Non hai moitos días abriu as súas portas o restaurante “A casa da Oliva”, que está a facer publicidade en diferentes medios de comunicación. Pois ben, o citado establecemento conta cun chanzo duns 8 cm na mesma porta de acceso, aínda que curiosamente parece contar cun baño adaptado no seu interior.

Amizade presenta unha quincena de reclamacións ao concello de Sanxenxo

Este pasado sábado, día 27 de Xuño, a Asociación Amizade de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as na praia de Montalvo. Para a mesma, avisou ao concello de Sanxenxo de que tivesen os aseos abertos xa que se ía facer uso dos mesmos.Pero...

Distribuir contido

Queres colaborar?

Transporte accesible