Vela en Sanxenxo
O mes de setembro (do 17 ao 21), un pequeno grupo de socios/as tiveron a oportunidade de participar nun Curso de Vela no Club Naútico de Sanxenxo, por un total de 20 horas.
Dita actividade estivo coordinada por COGAMI, que obtivo financiación e colaboración por parte da Deputación de Pontevedra, o Naútico de Sanxenxo e a Fundación Maphre.
Amizade apoia a marcha "SOS Discapacidade"
A Asociación Amizade únese á gran marcha convocada polo movemento social da discapacidade, representado polo CERMI Estatal, para defender os dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias. Marcha que se celebrará en Madrid, o vindeiro 2 de decembro, a partir das 12 horas.
No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, e baixo o lema ‘SOS Discapacidade – Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo’, esta gran marcha pola discapacidade, contará coa participación de miles de persoas con discapacidade e as súas familias, máis voluntarios/as, profesionais e simpatizantes, que se concentrarán para unirse ante a inquietante situación que atravesan, agravada pola crise e as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitamento do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España.
Charla "Coidando ao coidador/a"
O pasado 6 de novembro, na Asociación Veciñal San Roque, Amizade organizou unha Charla-Coloquio baixo o título “Coidando ao Coidador/a”. A mesma foi impartida por Elena Gil, Traballadora Social, con amplía experiencia no ámbito da discapacidade.
Na charla abordáronse distintas cuestións relacionadas coa figura do coidador/a: estados emocionais, afrontamento de distintas situacións e a necesidade imperiosa de fomentar e procurar ao máximo a autonomía das persoas que reciben eses “coidados/apoios”.
Amizade inicia o proxecto “Acadando Compromiso Social”
Amizade ten previsto impartir en Institutos, Asociacións e/ou outras entidades sociais da comarca de Pontevedra varias charlas-coloquio dirixidas a informar sobre o grupo social das persoas con discapacidade.
Ditas charlas-coloquio teñen por finalidade principal sensibilizar á sociedade sobre o fomento da autonomía das personas con discapacidade. Outros obxectivos son valorar e desmontar estereotipos e prexuizos acerca da discapacidade e/ou contribuir ao desenvolvemento integral das persoas con discapacidade.
Boletín informativo de setembro, o nº15
V Edición da Xornada de Pesca de Amizade
O día 29 de setembro tivo lugar a V Xornada de pesca organizada por Amizade, que se celebrou novamente no paseo próximo ao peirao das Corbaceiras. Trátase dunha actividade bastante demandada e que soe atraer a moitas persoas. Ademais este ano contouse cunha boa climatoloxía, algo que axudou á que a asistencia fose maior á de edicións anteriores.
Amizade celebra unha nova Xornada en Montalvo
Bautismos de mar en Combarro
A primeira Regata ENCE Ría de Pontevedra celebrouse o sábado 23 de xuño en augas da ría, con saída e chegada en Combarro. Dentro das actividades paralelas á propia regata, celebráronse diversos "bautismos de mar" nos que persoas con diferentes graos de discapacidade puideron experimentar por primeira vez o que era iso de navegar coa forza do vento.
Xornada de confraternidade coa asociación Avante
Amizade agradece novas colaboracións
A actual situación económica leva aparellada unha diminución progresiva das axudas públicas que as diferentes entidades sen ánimo de lucro viñan recibindo nos últimos anos.
Por isto cobra aínda maior importancia o compromiso social que diferentes empresas continúan demostrando, plasmándoo en axudas económicas que permiten manter servizos cada vez máis demandados polas persoas con discapacidade.
Desde Amizade queremos agradecer o apoio que ano tras ano nos ven dando Supermercados Froiz. Queremos tamén agradecer este ano a colaboración da empresa ENCE e de La Caixa, que coas súas aportacións permitirán levar adiante diversos proxectos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »

![Boletín de Amizade nº15 (Clic para ver o boletín) Boletín de Amizade nº15 [Clic para ver o boletín]](/files/IMAXES/boletin_amizade/boletin_amizade_15.bmp)
![Todas as persoas no momendo do xantar (Clic para ampliar a imaxe) Todas as persoas no momendo do xantar [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/montalvo2012/f1_mini.jpg)
![O grupo comezando a viaxe (Clic para ampliar a imaxe) O grupo comezando a viaxe [Clic para ampliar a imaxe]](/files/IMAXES/xornadaconavante/f1_mini.jpg)




