Socios e socias de Amizade percorren o Roteiro Castelao

Participantes situados na Praza da Peregrina [Clic para ampliar a imaxe]O venres 22 de maio Amizade organizou unha visita ao roteiro Castelao na que participaron un grupo de alumnos/as do programa de Educación de Adultos/as xunto con outros/as socios/as da entidade.

O roteiro comezou ás 10:00 da mañá na praza San José e percorréronse rúas e lugares de interese da cidade de Pontevedra relacionadas con Castelao; entre outras, a praza da Ferrería, Museo de Pontevedra (onde observaron fundamentalmente a aula adicada a Castelao), a fábrica da luz, a praza do Teucro e das cinco rúas, teatro principal, etc.

Participantes situados no cruceiro das 5 ruas [Clic para ampliar a imaxe]Durante o percorrido, unha monitora licenciada en Historia ensinoulles a relación de ditos lugares coa emblemática figura de Castelao na cidade de Pontevedra. Así, as persoas participantes coñeceron máis de preto a figura do notable escritor, político, pintor e debuxante galego, nacido en Rianxo, mais pontevedrés “pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra”, como se recolle nunha carta enviada en 1974 polo propio Castelao ao presidente do Centro Pontevedrés de Bos Aires na época.

Participantes situados no monumento ao grupo do Cafe Moderno [Clic para ampliar a imaxe]Constituiu a un mesmo tempo unha actividade de lecer e unha actividade cultural posto que os participantes no roteiro gozaron dunha mañá diferente á vez que adquiriron coñecementos sobre os lugares onde realizaba a súa actividade o ilustre membro do Partido galeguista.

Participantes situados no interior do Cafe Moderno [Clic para ampliar a imaxe]Os alumnos e alumnas do grupo de educación de adultos xa recibiran en días previos diversa información sobre a figura de Castelao e a súa importancia tanto a novel cultural como político na historia de Galicia e, en especial, na aprobación do estatuto de autonomía de 1936.

Queres colaborar?

Transporte accesible