Amizade colabora coa iniciativa "Ruta Libre"
"Ruta Libre" é unha iniciativa xurdida dun grupo de alumnos e alumnas da facultade de Belas Artes que pretende ofrecer un servizo de información que permita que calquera persoa poida coñecer as condicións de accesibilidade das distintas rúas da cidade.
Isto vaise artellar a través dun mapa da cidade que poderá ser consultado desde Google Maps no seguinte enderezo (aínda que aínda está en fase de elaboración): Mapa wep de Pontevedra en Google Maps
A asociación Amizade colabora con esta interesante iniciativa aportando a súa experiencia e o seu coñecemento da cidade. Os promotores instan á colaboración e participación de toda a poboación nesta iniciativa, solicitando a información que calquera persoa poida facilitar sobre as dificultades que presente a cidade nun punto determinado. Preténdese contar cunha ferramenta útil para que calquera persoa en calquera lugar do estado conte con información sobre a accesibilidade de Pontevedra de xeito que facilite a toma de decisión sobre unha posible visita á cidade e sobre o mellor itinerario de circulación pola mesma.
As persoas que queiran colaborar aportando información poden poñerse en contacto cos promotores da iniciativa no mail: rutalibre@hotmail.com


