Amizade celebra a súa XVI Asemblea Xeral Ordinaria
Un ano máis a Asociación Amizade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que nesta ocasión facía a número XVI. Nela deuse conta das actividades desenvolvidas durante o ano 2008 e presentouse o balance económico correspondente a dito ano.
Tamén se fixo a proposta de actividades a realizar durante o ano 2009 que prentende ser algo máis ambiciosa que en anos anteriores e onde destacan o inicio dun curso de natación terapéutica, dun curso de educación de adultos, dun servizo de transporte e dos traballos que se van realizar encamiñados a conseguir a homologación como centro de día para persoas con gran discapacidade física.
A asemblea transcorreu con normalidade, aprobándose por unanimidade todos os puntos que figuraban na orde do día. Notouse unha maior participación dos socios e socias tanto no número de asistentes como na participación dos mesmos/as no desenvolvemento da asemblea.


