Nace o Boletín de Amizade
Un boletín que nace coa vontade de servir de canle de comunicación entre a asociación e a sociedade, de maneira que poidamos divulgar tanto as nosas actividades como outras cuestións de interese social.
Nos vinte anos de existencia cos que conta Amizade vivíronse diferentes momentos de actividade e funcionamento que variaban segundo os recursos dispoñibles.
A incorporación na COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), aló polo ano 1997, trouxo consigo un maior apoio económico e profesional que fixo que se fosen ampliando e diversificando as nosas actividades ata o momento no que trasladamos o noso funcionamento a un no centro situado no barrio de Monte Porreiro, no concello de Pontevedra; foi en xullo de 2007.
Este boletín constitúe un novo paso para poder achegar á sociedade a nosa visión da discapacidade e contribuír, modestamente, a normalizar a vida de todas as persoas con discapacidade.
Agardamos poder editar un mínimo de catro boletíns anuais nos que nos gustaría contar coa opinión coa opinión dos nosos socios e socias, pero tamén coa opinión da sociedade. É por iso que animamos a calquera persoa con interese a que se poña en contacto connosco para facernos chegar as súas opinións.



