Amizade inicia un curso de Informática Básica

Alumnas e alumnos durante a inauguración do cuso [Clic para ampliar a imaxe]O luns, día 2 de marzo, iniciouse un curso de Informática Básica nos locais da asociación. O curso enmarcase dentro do Programa Operativo do Fondo Social Europeo - Galicia 2007-2013 de Formación Profesional para persoas con discapacidade física que residan na comunidade autónoma de Galicia.

O curso impártese de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30, tendo unha duración total de 240 horas, prolongándose ata o 29 de maio. O curso contén módulos de Windows, Word, Excel, Internet e Mecawin.

O curso ten por obxecto capacitar aos alumnos/as no uso do ordenador e incrementar así as posibilidades de acceso ao emprego e a participación no mercado laboral. Tamén se centran os esforzos e se dedica especial atención en incrementar a participación na formación e o emprego das mulleres con discapacidade, promovendo pois o avance das mulleres ao emprego e reforzando desta forma a súa integración social e laboral.

Destacar que o curso se está a impartir grazas á colaboración de COGAMI, e que conta coa financiación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.