Un taller de educación de adultos forma a 11 persoas con discapacidade

Hai persoas con discapacidade que por moi diversas razóns non contan con formación basica en lectoescritura, en habilidades sociais ou en informática.

Desde o 16 de febreiro un grupo de 11 persoas con discapacidade asisten a este taller, no que unha monitora especializada dirixe a formación en lingua, matemáticas, informática ou habilidades sociais.

Este taller conta coa colaboración de COGAMI e co financiamento da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Prolongarase, como mínimo, ata finais do ano 2009 coa intención de que se poida volver a contar coa sinatura do convenio que permite financiar este taller.