Iníciase a actividade de Piscina Terapéutica
O luns, día 2 de febreiro, comezou a actividade de Piscina Terapéutica nas instalacións das Piscinas Municipais de Campolongo. O obxectivo que se plantexa con esta actividade é mellorar as condicións físicas e de psicomotricidade, e consecuentemente, a autonomía das persoas beneficiarias da mesma. Para isto, contan coa axuda dunha monitora especializada en Piscina Terapéutica que guía e axuda nos distintos exercicios.
A actividade levase a cabo os luns e mércores en horario de 11:45 a 12:30. Neste intre, están participando na mesma case unha decena de usuarios/as de Amizade.
Trátase dunha actividade que viña sendo demandada polos nosos asociados/as nos últimos meses e que se prolongará ata final de ano, coa intención de ir buscando financiamento para que actividade poida continuar no 2010



