Amizade asina un convenio de colaboración con Acceda Ortopedia

A empresa Acceda Ortopedia ven de asinar un convenio de colaboración con Amizade mediante o cal a empresa aporta unha cantidade económica anual en concepto de axuda a cambio de que Amizade manteña de xeito permanente o logo da empresa na súa páxina web.

Este convenio, que contén algún outro acordo, demostra o compromiso que Acceda demostra coa asociación; un compromiso que vai máis ala do mero intercambio comercial.

Así mesmo, tamén se pon de manifesto o esforzo de Amizade para ter unha páxina web o máis completa posible e para conseguir un financiamento privado que contribúa a sufragar os gastos das actividades que ofrece aos seus socios e socias. Neste senso estase en negociacións con outras empresas das que se espera ter noticias positivas nas primeiras semanas do ano.