Remata o curso de Formación de Asistente Persoal

Alumnas do curso [Clic para ampliar a imaxe]O día 19 de decembro concluiu o curso de Formación de Asistente Persoal que se viña impartindo en Amizade desde o 6 de outubro. Foron un total de 11 persoas, todas elas mulleres, as que completaron satisfatoriamente os módulos do curso e as que a partir de agora posúen uns maiores coñecementos que en boa medida se espera que contribúan a ofrecerlle maiores posibilidades laborais.

O grao de satisfacción que amosaron as alumnas co funcionamento do curso (plasmado nunhas enquisas de satisfacción) foi amplo, valorando en xeral a calidade dos formadores/as e os recursos utilizados. Tamén se expresou o interese porque se ampliasen as actividades prácticas e as visitas; opinión que se terá moi en conta de cara a futuras imparticións do curso.

Alumnas do curso [Clic para ampliar a imaxe]Neste momento, calquera persoa que precise dun/dunha Asistente Persoal pode dirixirse ás nosas oficinas para que lle facilitemos o contacto destas persoas que contan cunha formación ampla e especializada.

No último día do curso tivo lugar un café-coloquio no que se compartiron opinións sobre o curso e perspectivas de futuro, e no que se profundizou no coñecemento mutuo.