Amizade visita as instalacións da Asociación Juan XXIII
Enmarcada dentro do curso de Formación de Asistente Persoal, que ten lugar en Amizade desde outubro, organizouse unha visita ás instalacións que a Asociación Juan XXIII ten na cidade de Pontevedra.
O día 12 de decembro as 11 alumnas do curso, xunto con diverso persoal de Amizade, puideron comprobar o traballo que a Asociación Juan XXIII realiza para a promoción, capacitación profesional e integración das persoas con discapacidade intelectual.
Visitaron os diferentes talleres cos que conta a asociación, entre os que están un de montaxe de pezas de vehículo, un de elaboración de fregonas, un de reciclaxe e encuadernado, un de figuras en cartón-pedra, ...
Unha visita enriquecedora en canto ás actividades observadas e en canto ao trato recibido por parte de todo o persoal de Juan XXIII, ao que aprobeitamos para agradecer a súa disposición e colaboración.



