Seguridade vial para nenos, pais, nais, discapacitados, para a Terceira Idade...
A Concellaría de Protección Cidadá inaugurou o 17 de novembro o curso municipal de Educación Vial nun acto celebrado no Pazo da Cultura, e no que estivo presente o alcalde, Miguel Vázquez Plaza. O concelleiro Guillerme Vázquez e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle participaron nesta inauguración que tivo como referencia a intervención de Paulo Fontán, presidente de Amizade, e Jeanne Picard, vicepresidenta de Stop Accidentes.
O Pazo da Cultura acolleu á mañá a inauguración oficial do curso municipal de Educación Vial no que asistiron arredor de 150 alumnos. Coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no acto interviron Paulo Fontán presidente de Amizade, e Jeanne Picard, vicepresidenta de Stop Accidentes, así como o propio concelleiro de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez, e o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle.
No acto repartíronse dípticos con relatos de coñecidos escritores e xornalistas da cidade como Manuel Rivas, César Casal, Manuel Jabois, Serxio Barral... indicindo na seguridade vial. A presentación do curso rematará cun espectáculo multimedia baixo os ritmos do hip-hop.
Vinte e sete centros participarán este ano na campaña de Educación Vial do Concello que está inmersa "nunha política máis integral de seguridade vial", segundo explicou Guillerme Vázquez baixo a defensa de medidas como zonas 30, campañas de colaboración coa DXT...
O concelleiro manifestou que "é necesario un cambio de mentalidade social con respecto á seguridade vial. Os accidentes sempre pódense producir, pero debemos actuar colectivamente para tratar de evitalos". Polo que defendeu "a tolerancia cero aos accidentes", e volveu a insistir en que "a velocidade non é un valor, é un perigo".
A campaña de educación vial do Concello comezará este mes de novembro con clases teóricas, e as prácticas impartiranse no circuíto de Mollavao entre os meses de abril e maio. Accederán a estes cursos 18 colexios de Primaria e 9 de Bacharelato, que disporán de material entregado pola DXT.
Entre as novidades deste ano, demais de afianzar a colaboración coa ONCE con máis sesións sobre Educación Vial, tamén iniciarase unha liña de información á Terceira Idade, e de colaboración coas ANPAS.
Ademais, no marco desta campaña de Educación vial, a concellaría está a preparar un libro que será editado pola escritora pontevedresa, Fina Casalderrey.
FONTE: Pontevedra.eu

