Amizade participa no ciclo de conferencias sobre Cidade e Espazos Públicos

O presidente de Amizade, Paulo Fontán, impartiu unha conferencia que, co título de A cidade vivida, pretendeu explicar como un entorno urbano accesible e uns espazos públicos ben deseñados fan posible que unha cidade poida ser vivida por todas as persoas.

A conferencia enmarcouse dentro do ciclo que organizou a concellería de cultura do concello de Pontevedra no que cobrou unha especial relevancia a Praza Efémera que se creou no palco da música da alameda pontevedresa.

Pretendía crearse un espazo de diálogo e análise sobre cales son, ou deberían ser, os usos dos espazos públicos das nosas cidades. Participaron diversos arquitectos/as e profesores de universidade que expuxeron a súa mirada desde diferentes ópticas.

www.memoriasdepontevedra.org

Patrocinadores

Transporte accesible