Comeza o Curso de Formación de Asistente Persoal

Alumnas do curso durante unha clase (Clic para ampliar a imaxe)O día 6 de outubro deu comezo o curso de Formación de Asistente Persoal que este ano organizou Amizade por primeira vez.

Finalmente serán 13 as persoas que se poderán formar axeitadamente e adquirir as habilidades básicas precisas para desempeñar un correcto traballo no eido da atención ás persoas con discapacidade e necesidade de axuda xeneralizada.

Aínda que o desenvolvemento da Lei segue sendo lento, parece que cada vez está máis preto o outorgamento da prestación económica derivada da LEPA (Lei de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia) polo que cada vez serán máis demandados os profesionais dedicados á Asistencia Persoal.

Patrocinadores

Transporte accesible