Amizade organiza unha visita ao Monte Aloia

O pasado día 18 de xullo un grupo de 12 persoas da Asociación Amizade participou dunha actividade de ocio e tempo libre facendo unha visita ao parque natural do Monte Aloia.

Alí puideron gozas coas vistas e coas diversas especies forestais e naturais coas que conta este parque natural que historicamente serviu de refuxio de defensa.

A visita estivo coordinada coa Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra xuntándose alí máis de 70 persoas que puideron gozar do entorno natural así como aproveitar para intercambiar opinións e experiencias. O momento da comida foi a oportunidade de coñecer a outras persoas e de compartir con elas unha xornada diferente.

Agardamos poder repetir actividades similares.

Durante a comida (clic para ampliar a imaxe) Durante a comida (clic para ampliar a imaxe) Membros de Amizade (clic para ampliar a imaxe) Membros de Amizade (clic para ampliar a imaxe)