Pontevedra Premio Nacional da Cultura Galega concedido á reforma urbana
O Auditorio de Caixanova acolleu o acto oficial pola concesión do Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de Patrimonio Cultural, pola reforma urbana da cidade, emprendida no ano 1999. A esta celebración, asistiron os representantes dos sectores que participaron activamente nesta conversión: a empresa, os colexios profesionais, as institucións… e toda a cidadanía que é, realmente, a galardoada con este premio.
O alcalde de Pontevedra, quixo facer partícipe a toda a cidadanía do Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de Patrimonio Cultural que el mesmo recolleu, en nome de todos os pontevedreses, nunha gala celebrada no Pazo de Congresos de Galicia, en Santiago. O premio concedido pola reforma urbana realizada na cidade dende o ano 1999, foi entregado simbólicamente, a cidadanía a través dun acto oficial celebrado no Centro Cultural Caixanova.
Neste acto tiveron unha participación activa o alcalde, así como persoeiros que foron artífices, durante estes anos, desta remodelación urbana premiada. Participarán o arquitecto Xesús Fole, o ex presidente do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental Ernesto Filgueira, o presidente da Federación de Asociacións de Veciños “Castelao” Verísimo Pazos, o membro do xurado Xosé Luis Barreiro, o arqueólogo Xosé Carlos Castro, o representante de Cogami Paulo Fontán ou Ricardo Mirón, presidente da Cámara de Comercio e representante das empresas que colaboraron nesta remodelación. Tamén participarán o membro do Consello Aberto da Feira Franca, María Louro e o representante da Consellería de Cultura, Luis Bará.
O acto foi acompañado de música e proxeccións audiovisuais que deron conta do traballo arreo destes anos, amosando a vontade dunha cidade, dende os seus dirixentes políticos ata os sectores máis dinámicos, que confia no seu futuro.
Intervención de Paulo Fontán, presidente de Amizade, durante o acto.



