Amizade reúnese con Guillerme Vázquez

Á reunión do 18-10-07 asisiu tamén o arquitecto municipal Ángel Velando. Tivo lugar no local que Amizade, en Monte Porreiro, e ademais de aproveitar para presentarlle as novas instalacións, tratáronse os seguintes aspectos.

Tratouse a situación do transporte e da necesidade de que o concello se implicase na adaptación progresiva do material móbil existente e de non permitir a posta en funcionamento de ningún vehículo de transporte que non fose accesible. Guillerne Vázquez comprometeuse a estudiar cales serían as capacidades legais do concello para esixir tales condicións.

En canto á situación dos aparcamentos reservados, que xa fóra tratada na reunión co alcalde do 21 de setembro, plantexóuse unha proposto que o concello quedou de estudiar.

Tamén se falou do uso fraudulento que se facía das tarxetas de estacionamento e quedouse de elaborar unha proposta de programa de actuación para que a policía municipal intensificase o control do uso destas tarxetas.

Aproveitando a presencia de Ángel Velando, definíronse as ubicacións preferentes para actuar en eliminación de barreiras ata final de ano; acordouse igualmente ter unha xuntanza en xaneiro para definir cales serían os criterios de actuación preferente para o ano 2008.

Patrocinadores

Transporte accesible