Amizade reúnese con Teresa Casal

A reunión do 11-10-07, á que tamén asisiu o concelleiro José Manuel Valcarcel, tivo lugar no local que Amizade ten en Monte Porreiro. Aproveitopuse para presentarlle as novas instalacións e facerlle unha exposición exhaustiva das actividades e servizos que ofrece a entidade así como os obxectivos que se perseguen coas mesmas.

A nova distribución de competencias e áreas municipais xurdida das últimas eleccións municipais colocou a Teresa Casal como responsable de urbanismo e de reformas no centro histórico. A solicitude de reunión que Amizade fixo viña motivada por este feito e pola necesidade de que a nova responsable coñecese as reivindicaciókns da entidade.

Foi unha reunión cordial na que se intercambiaron informacións sobre os proxectos que o concello tiña para a zona monumental e sobre as características de deseño que desde Amizade se consideraban importantes para garantir a accesibilidade das actuacións programadas.

Acordouse afondar no diálogo entre as partes e colaborar en todas aquelas cuestións de especial interese para a asociación.

Patrocinadores

Transporte accesible