Amizade reúnese co alcalde de Pontevedra
Nunha reunión que tivo lugar na casa das campás o 21-09-07, e que se prolongou por máis de hora e media, tratáronse diferentes temas de interese para a asociación.
Falouse da situación do transporte na cidade e a ausencia de vehículos adaptados, tanto de autobuses como de taxis (posto que só hai un). O alcalde mostrou o seu compromiso coa cuestión e comprometeuse a estudiar posibles vías de colaboración coas empresas para ir cambiando a situación existente.
Tamén se tratou sobre a escaseza de aparcamentos reservados no centro da cidade e acordouse plantexarlle unha proposta formal de posible novas ubicacións para que a estudiasen os técnicos municipais.
Cuestións como o uso fraudulento de tarxetas de estacionamento, a situación de accesibilidade de instalacións como Pasarón ou o complexo lúdico-deportivo da Parda, ou a necesidade de crear unha comisión de accesibilidade foron outros dos temas tratados na reunión.
Acordouse continuar co diálogo entre ambas partes e plantexar as cuestións concretas aos concelleiros e concelleiras de cada área.

