Amizade solicita unha reunión co alcalde de Pontevedra

A Asociación Amizade solicitou unha reunión co alcalde de Pontevedra o día 31 de xullo de 2007. Ademais de felicitalo pola súa reelección como alcalde da cidade capitalina, aproveitouse para convidalo a visitar as novas instalacións da entidade situadas en Monte Porreiro.

Na solicitude de reunión facíase referencia a varios temas de interese a tratar, sendo especialmente importante a cuestión da accesibilidade ao transporte. Facíase incapé sobre todo ao transporte en autobús que une a cidade con Monte Porreiro pola especial relevancia que este servizo ía ter unha vez que a Asociación comezou a ter alí as súas actividades.

Patrocinadores

Transporte accesible