Amizade propón á Policía Local de Pontevedra para os premios FESVIAL
Son uns premios que outorga a Fundación Española de Seguridade Vial para policías locais e que contan cunha modalidade de Educación Vial, que é que para a que se propón á Policía Local de Pontevedra.
En concreto, óptase ao premio pola posta en marcha da iniciativa "Camiño Escolar", como método para mellorar a percepción da cidade como espazo seguro.
Amizade toma a decisión de facer esta proposta despois de ter colaborado coa Policíca Local de Pontevedra nos últimos anos, en diversas actividades, e tras comprobar que as accións globais en materia educativa axudan a difundir entre a poboación actitudes máis positivas relacionadas coa mobilidade e a seguridade vial.



