Amizade entrega os diplomas do obradoiro de introdución ao deseño gráfico

AMIZADE ENTREGA OS DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO: PHOTOSHOP [Clic para ampliar a imaxe]

O pasado día 16 de novembro finalizou o “Obradoiro de Introducción ao Deseño Gráfico: Photoshop”, día no que e os/as alumnos/as participantes recibiron os seus diplomas que acreditan a superación de todos os módulos do obradoiro.

O obradoiro deu comezo o 16 de marzo de 2011 e tivo unha duración total de 118 horas. O obxectivo do mesmo foi formar ás persoas asistentes no deseño, retoque e fotomontaxes. Ademáis, permitiu que coñecesen un programa de deseño como o Photoshop, o que permitirá no futuro que os/as alumnos/as participantes poidan iniciarse noutros programas de deseño como pode ser o CorelDraw. Ao mesmo tempo, este obradoiro incrementou as súas posibilidades de acceso ao mercado de traballo a través da mellora da súa formación.

Amizade quere agradecer o apoio económico prestado pola Deputación de Pontevedra, sen o cal o Obradoiro tería moitas dificultades para poder ser realizado.

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.