Xornada de pesca de Amizade, xa pola IV edición

O grupo intentando pescar algo[Clic para ampliar a imaxe]O día 10 de setembro tivo lugar unha nova xornada de pesca organizada por Amizade. Continúa a ser unha actividade que lle gusta á xente e que a asociación xa organiza por cuarta vez. Nesta ocasión a climatoloxía non acompañou demasiado e puido ser ese o motivo polo que o número de participantes foi inferior ao de outras edicións.

O único peixiño que se conseguiu pescar [Clic para ampliar a imaxe]Os éxitos tampouco foron moitos xa que só se puido pescar un exemplar de pequenas dimensións, que posteriormente foi devolto á auga. Contouse coa colaboración de varias persos voluntarias sen as cales a organización da xornada non sería posible; o noso agradecemento para elas.

Todas as persoas gozando da comida [Clic para ampliar a imaxe]Ao remate da xornada, todos/as asistiron a un xantar no que se continuou compartindo opinións e experiencias. O obxectivo desta xornada é, ademais de pasar un día agradable en boa conpañía, que algunhas persoas atopen unha nova afición e consecuentemente unha nova maneira de ocupar o seu tempo de lecer. Ademáis, foi unha nova oportunidade de facer ver á sociedade que as persoas con discapacidade son quen de realizar moitas cousas, sempre que conten coas condicións axeitadas (ausencia de barreiras, material adaptado,..).

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.