Amizade reúnese co Alcalde de Cotobade
O día 31 de agosto celebrouse unha reunión entre o presidente de Amizade e o alcalde do concello de Cotobade, Jorge Cubela. Unha xuntanza solicitada por Amizade coa intención de presentarlle a asociación ao novo alcalde do concello saído das últimas eleccións municipais de maio.
Paulo Fontán comentoulle cal foi a traxectoria da asociación nos últimos anos, cales son as propostas que podería acoller un concello como o de Cotobade e as diferentes cuestións de accesibilidade que son susceptibles de mellora.
Falouse máis polo miúdo da pobilidade de construír un campo de Tiro Olímpico no concello de Cotobade, da previsión real existente, posible calendario de execución, ou do deseño do campo. Polo visto, a intención é firme e estanse dando os pasos para poder comezar a construción cando a situación económica o permita, aínda que se traballará para comezar no 2011, aínda que sexa nunha fase inicial.
Desde Amizade queremos agradecer a disposición de Jorge Cubela a afondar nunha posible colaboración entre as partes, tanto no eido da política municipal como específicamente no proxecto de construción do campo de Tiro Olímpico



