Amizade reúnese con Miguel Anxo Fernández Lores

Amizade pechou a súa rolda de contactos con cadidatos á alcaldía de Pontevedra reuníndose con candidato do Bloque Nacionalista Galego, Miguel Anxo Fernández Lores, o día 27 de abril.
O actual alcalde da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Accesibilidade e Mobilidade, Luis Bará.

Intercambiáronse opinións sobre todo o que se leva feito ben en canto á accesibilidade e á mellora dos espazos públicos, considerando que a colaboración de Amizade co concello axudou a conseguir eses resultados. Coincidiuse tamén en que quedan moitas cousas por facer e por mellorar e o candidato asumiu o compromiso de continuar colaborando coa asociación, mesmo dun xeito máis formal.

Falouse tamén da necesidade de mellorar a accesibilidade ao transporte público, ampliar o número de eurotaxis, mellorar a xestión das subvencións municipais, promocionar o acceso de persoas con discapacidade ao emprego público, incluír cláusulas sociais nos contratos, ou aprobar ordenanzas municipais de accesibilidade.

Queremos agradecer a disposición a colaborar que o concello tivo nestes últimos anos, así como o compromiso do candidato a que se continúe e se profundice nesa liña.

Navegación

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Transporte accesible

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.