Amizade reúnese con Telmo Martín
O 15 de abril tivo lugar unha reunión entre a directiva de Amizade e o candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín.
Desenvolveuse no centro que a asociación ten en Monte Porreiro e nela puidéronse intercambiar opinións e pareceres sobre o traballo que se pode facer desde o concello para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.
Ambas partes, candidato e asociación, coincidiron na necesidade de mellorar a xestión das subvencións municipais, de promocionar o uso e accesibilidade do transporte público (en autobús e en taxi), ou de establecer mecanismos que permitan a incorporación de persoas con discapacidade ao corpo de funcionarios/as do conmcello.
En canto á accesibilidade, falouse de que hai que continuar na liña de aposta firme polo deseño universal en toda obra pública, de incluír normativa específica no futuro PXOM, da formación do persoal técnico do concello, ou do beneficioso que sería para o concello o feito de contar co asesoramento permanente de Amizade.
A boa disposición a colaborar amosada por Telmo Martín, así como a seguir mantendo futuros contactos, é algo que queremos agradecer desde Amizade e que agardamos que poida dar os seus froitos se Telmo Martín conta coa responsabilidade de formar o futuro governo municipal de Pontevedra.





