Este ano SI visitamos as Illas Cíes
Tralo frustrado intento do ano pasado, no que rematamos pasasndo o día na praia de Rodeira, de Cangas, o domingo 27 de xuño, a Asociación Amizade visitou ás Illas Cíes. As 9:30 da mañá dous autobuses de Rías Baixas leváronnos a preto de 60 persoas dende Monte Porreiro ata o peirao de Vigo, onde accedemos a través do pantalán flotante ao barco que nos levou ata as Illas.
Temos que, agradecer nesta ocasión a colaboración e atención prestada pola empresa “Naviera Mar de Ons”, que procurou en todo momento que a viaxe resultase o máis favorable posible e que incluso habilitou un barco para a nosa exclusividade.
Ao chegar, accedemos á Illa a través dun pantalan flotante de recente instalación. Neste inverno, ademais de mellorar as instalacións para o acceso ao peirao, tamén, instalaron unhas pasarelas de madeira que facilitaron o acceso do peirao á Illa.
Unha vez alí, instalámonos nun lugar sombreado e fixéronse grupos; uns quixeron gozar dun día de praia nun lugar tan paradigmático como as Illas Cíes, mentres outros/as pasearon pola Illa descubrindo encantadoras e inolvidables paisaxes.
Ás 18:00 saímos das Illas Cíes e estábamos de volta en Monte Porreiro ás 19:30 aproximadamente.



